O Filial segue contando os seus partidos por vitorias contundentes, logo de superar amplamente ao Cidade de As Burgas no Municipal Oira para afianzarse no máis alto da táboa.

Unha máis, e xa van catro en outros tantos partidos. O Portus Apostoli “B” continúa facendo botín e asentándose no liderado cuns 12 puntos que comparte co Distrito Ventorrillo FS, tras vencer na pista do Cidade de As Burgas por un marcador de 1-8.
Cos tantos de Brais e Lukas, os noieses reclamaron terreo en apenas catro minutos. Os locais reduciron diferenzas aproveitando unha transición no minuto 13, pero, rapidamente, cun dobrete de Gandoy, os brancos volveron a distanciarse no electrónico.
No reinicio decantarían definitivamente o partido do seu carón. Dous goles de Lucho e outro de Dani Prieto colocaron o 1-7 no 24’, co Cidade de As Burgas tentándoo co porteiro-xogador, sen éxito. Pau pechou o encontro no 37’, convertindo o 1-8 definitivo.
A vindeira semana, os de David Palmas reciben a visita do I. M. Galical Rábade FS, en partido da xornada cinco da Tercera División Fútbol Sala.
Ficha técnica
Cidade de As Burgas FS: Fabián Marnotes (p), Gonzalo Ferreiros, Ángel de Francisco, Pablo González e David Guerra. Tamén xogaron Diego Moure, Ron Ninon e Rodrigo Galán.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Lucho, Jorge, Pau (c) e Brais. Tamén xogaron Pablo (p), Gandoy, Lukas, Dani Prieto, Hugo, Álex López e Mateo Varela.
Goles: 0-1 Brais (2’), 0-2 Lukas (4’), 1-2 Rodrigo Galán (13’), 1-3 Gandoy (15’), 1-4 Gandoy (16’), 1-5 Lucho (22’), 1-6 Lucho (22’), 1-7 Dani Prieto (24’), 1-8 Pau (37’).
Os colexiados Eloy Bello Gómez e Juan Ramón Juan Mora amoestaron con cartón amarelo aos locais Ron Ninon (16’) e Ángel de Francisco (23’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 4 da Tercera División Fútbol Sala, disputado no Municipal Oira de Ourense.
Comments