top of page

CRÓNICA X29 TERCEIRA (NPA “B” 5-2 NAR) | Un adeus á altura ao Agustín Mourís

Peche á temporada na casa con vitoria do Filial, a 25ª en total para o campión.

(foto: Manuel Lorenzo)

O Noia Portus Apostoli FS “B” puxo o broche desexado ao seu campionato doméstico como local no mediodía deste domingo, ao superar ao Cidade de Narón por un marcador de 5-2.


Os visitantes, en loita por evitar caer a postos sensibles na zona baixa da táboa, comezaron dando a sorpresa co 0-1 no minuto 3. Pouco lles duraría a alegría, xa que Gandoy, cun dobrete fugaz, colocaría aos noieses con vantaxe. O encontro estivo controlado por parte dos de Daniel Ventoso, que contou nas súas filas con 3 xogadores do Xuvenil (Mateo Varela, Oliver Chenel e César Calatayud, que facía o seu debut). Os brancos aumentarían diferenzas antes do descanso con dous tantos de Dani Prieto.


De vestiarios saíu cun punto máis de concentración o Cidade de Narón, e viu unha pequena esperanza de meterse no partido co 4-2, convertido cando aínda restaban 14 minutos para o final. Nos últimos minutos e co marcador perenne, os amarelos apostaron polo xogo de cinco, pero nun dos primeiros intentos, Hugo anticipou un pase que transformou no definitivo 5-2.


76 puntos e 25 vitorias para o campión da Terceira División FS, que dixo adeus ao seu público esta campaña cunha actuación á altura. A última despedida será a vindeira fin de semana, cando buscarán redondear definitivamente este histórico curso na derradeira xornada, coa visita ao segundo clasificado, o Distrito Ventorrillo FS.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Pablo (p), Lucho (c), Jorge, Dani Prieto e Oliver Chenel. Tamén xogaron Théo (p), Mateo Varela, Brais, Hugo, César, Gandoy e Álex López.


Cidade de Narón: Fernando Combarro (p), Alejandro Naveira, Diego Vázquez, Pablo Cotelo e Guillermo Seoane. Tamén xogaron Luis Sanesteban, Lucas González e Brais García (c).


Goles: 0-1 Guillermo Seoane (3’), 1-1 Gandoy (3’), 2-1 Gandoy (4’), 3-1 Dani Prieto (8’), 4-1 Dani Prieto (20’), 4-2 Brais García (26’), 5-2 Hugo (35’).


Os colexiados Jesús Otero Baltasar e Alejandro Rodríguez Travieso amoestaron polos noieses con cartón amarelo a Álex López (10’), Lucho (18’), Dani Prieto (24’) e Hugo (39’). E polos visitantes, amarela a Guillermo Seoane (15’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 29 da Terceira División FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia. O Cidade de Narón realizou un corredor de honra aos noieses pola recente conquista do título de Liga.


bottom of page