top of page

CRÓNICA X29 FILIAL (XOV 8–2 NPA B) | Superados ante o campión

Demasiado Xove para un filial que nunca estivo cómodo no encontro e claudicou de maneira contundente.

A última saída da temporada saldouse con derrota para o Noia Portus Apostoli B, que era consciente da grande dificultade da tarefa de tentar sacar algo da pista do campión ligueiro e así o comprobou, co Xove non dando opción para levarse o triunfo por 8-2.


O partido tivo un inicio cheo de goles, co 3-1 marcando no luminoso xa no minuto 8 favorable a un Xove que se amosaba superior aos noieses, que ademais acudían decimados por algunhas baixas. Tomáronse pouco tempo do reinicio os campións para decantar definitivamente o encontro do seu carón, co tanto de Pau como única boa nova da segunda metade.


Os brancos sitúanse 9º con 38 puntos na táboa antes do duelo da vindeira semana, o da derradeira xornada da Terceira División 22/23, na que visitará Noia o ED Vigo 2015 FS.


 

Ficha técnica


SD Xove FS: Nemi (p), Pancho, Iago Míguez, Rubén e Renatinho. Tamén xogaron Edu (p), Marcos, Manu Jiménez (c), Christian, Chema, Xoia e Henry.


Noia Portus Apostoli B: Marcos (p), Lucho, Jorge, Pau e Dani. Tamén xogaron Álvaro (c), Brais, Hugo e Fer.


Goles: 1-0 Lucho en propia portería (1’), 2-0 Iago Míguez (5’), 3-0 Marcos (7’), 3-1 Marcos en propia portería (8’), 4-1 Xoia (21’), 5-1 Iago Míguez (22’), 5-2 Pau (24’), 6-2 Chema (27’), 7-2 Marcos (28’), 8-2 Iago Míguez (38’).


Os colexiados Eloy Bello Gómez e Carlos Mosquera González amoestaron con cartón amarelo polos locais a Francisco García (35’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 29 da Terceira División, disputado noPolideportivo Centro Cívico de Xove.

bottom of page