top of page

CRÓNICA X27 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (JUV 1–8 NPA “B”) | Con contundencia en Burgos

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Apr 6
  • 2 min read

Updated: Apr 7


Domingo, 06/04/2025 · 18:25h | Os filialistas logran a 15ª vitoria da temporada superando o gol inicial local e resolvendo con firmeza na segunda metade.


O Filial noiés remontou o tanto inaugural do CD Juventud Círculo Católico para terminar levando cunha ampla goleada o triunfo, o terceiro consecutivo e 15º en xeral que os aúpa á 6ª praza con 47 puntos a falta de tres partidos.


Os de Guille Murillo enfrontábanse no Polideportivo Círculo burgalés a un rival xa descendido matematicamente, pero con ganas de dar unha boa imaxe ante a súa xente. Comprobárono no 8’, cando o gol de Samuel Alonso en xogada de incorporación do seu porteiro rompía o electrónico dun encuentro que comezara con ritmo e ocasións para ambos bloques.


O 1-0 outorgou a batuta do partido ao Portus Apostoli “B”, que buscaba de todas as maneiras darlle a volta ao resultado ante un cadro local que se resgardaba en tarefas defensivas. O camiño marcouno a estratexia, coa que chegaron dous tantos practicamente calcados de Hugo coa testa a servizo de Koeman, quen entremedias tamén anotaría, finalizando unha acción individual.


Cómodos en todo momento


Xa na segunda metade, con máis espazos para atacar a un Juventud que subiu liñas en busca da súa remontada, Canario daba boa parte da puntilla co 1-4 e o 1-5 en apenas tres minutos do reinicio.


Os locais deron entrada ao porteiro-xogador, co que tampouco sufriu en exceso un Filial que aumentou máis diferenzas co sexto, o dobrete de Koeman. Mediado o acto final e aproveitando a superioridade numérica pola expulsión do burgalés Pablo xurdiu o sétimo, obra de Brais. De novo en defensa do xogo de cinco verde penalizou o Portus Apostoli “B”, co gol de Izan pechando o 1-8 definitivo.


Próximo partido


Os brancos recibirán a vindeira fin de semana ao FS Salamanca Dehesa Grande, 5º clasificado, con data e hora por determinar.


 

Ficha técnica

CD Juventud del Círculo Católico: Crémer (p) (c), Óscar, Jesús Preciado, Pablo e Diego Encinar. Tamén xogaron Íñigo (p), Samuel Alonso, Seoane, Dani, Rubén e Gonzalo.


Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Izan, Jaime Pan, Teo e Canario. Tamén xogaron Iván (p), Lucho (c), Hugo, Brais, Iago López, Dani Prieto e Koeman.


Goles: 1-0 Samuel Alonso (8’), 1-1 Hugo (15’), 1-2 Koeman (16’), 1-3 Hugo (19’), 1-4 Canario (22’), 1-5 Canario (23’), 1-6 Koeman (26’), 1-7 Brais (30’), 1-8 Izan (34’).


Os árbitros Ricardo Prieto González e Alfonso Enrique Gómez Pérez amoestaron con tarxeta amarela nos burgaleses a Pablo (4’ e 30’), Rubén (35’) e Diego Encinar (39’ e 40’). Nos noieses, amarelas a Dani Prieto (14’), Izan (17’), Iago López (35’) e Jaime Pan (39’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 27 do Grupo I da Segunda División “B” FS, disputado no Polideportivo Círculo de Burgos.

Comments


bottom of page