top of page

CRÓNICA X27 FILIAL (BEG 2–6 NPA B) | Paso adiante pola salvación

O Portus Apostoli B logrou no Municipal de Baamonde un triunfo vital na loita pola permanencia, que lles permite coller un colchón importante a falta de tres xornadas.

Final superada con éxito. O Noia Portus Apostoli B non fallou na súa visita ao Concello de Begonte FS, contra o que amosou a súa mellor cara en pos de asegurar unha clara vitoria de titánica relevancia a falta de tres xornadas para o término da Liga.


Os goles nos primeiros dez minutos de partido de Álex García, cun remate lonxano, e de Lucho, no segundo pau a servizo de Brais, puxeron o vento a favor aos noieses, cumprindo a consigna de ser protagonistas co balón, así como contundentes e non conceder ao rival. O segundo tanto de Álex García, empuxando a pracer un pase de Pau no minuto 15, colocou o 0-3 co que se chegou ao tempo de lecer.


Jorge, no 4’ do reinicio, deixou case sentenciado o duelo finalizando á rede un envío de Brais, en acción de estratexia de saque de banda, para o 0-4. Resistiuse o Concello de Begonte FS, que co porteiro-xogador conseguiu dous goles cos que buscaron esperanzas, escorrentadas polo gol de Manu Lorenzo, a asistencia de Pau. A guinda púxoa Dani, aproveitando unha gran acción individual de Pau e a prolongación de Álex García para poñer o 2-6 definitivo.


Noveno con 35 puntos, o Noia Portus Apostoli B gaña unha bocana importante de osíxeno, establecendo 4 puntos de distancia sobre o 12º e 6 sobre o 13º, a falta de tres partidos, de tres finais. A vindeira, a próxima fin de semana, recibindo a visita do segundo clasificado, o Stellae FS.


 

Ficha técnica


Concello de Begonte FS: Sergio Freire (p), Jose Roca, Daniel Varela (c), Pablo Vázquez e Ángel Prado. Tamén xogaron Ilian Ares (p), Pablo Carballeira, Martín Álvarez, Rodrigo Carral, Brais Astray, Francisco Pastor e Antonio Vázquez.


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Lucho, Jorge, Brais e Manu Lorenzo (c). Tamén xogaron Álvaro, Dani, Pau e Álex García.


Goles: 0-1 Álex García (5’), 0-2 Lucho (9’), 0-3 Álex García (15’), 0-4 Jorge (24’), 1-4 Daniel Varela (32’), 1-5 Manu Lorenzo (34’), 2-5 Pablo Vázquez (35’), 2-6 Dani (39’).


Os colexiados David Kumor Otero e Sergio Piñeiro Rivas amoestaron con cartón amarelo polos locais a Ángel Prado (34’), Pablo Carballeira (36’) e Rodrigo Carral (39’). Viu a amarela nos visitantes Dani (14’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 27 da Terceira División, disputado no Municipal de Baamonde.

Comments


bottom of page