top of page

CRÓNICA X26 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 5-1 MIE) | Contundente vitoria rubricada no tramo final


Sábado, 29/03/2025 · 22:05h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial atopa o acerto na segunda parte e suma un novo triunfo como local.


O Noia Portus Apostoli FS “B” sumou o +3 por 9ª vez esta campaña no Agustín Mourís tras superar ao Racing de Mieres FS por 5-1, nun duelo que dominou en todo momento e no que tan só a falta de puntería evitou que se decantara antes e con máis diferenza.


Abriu a contenda Teo no minuto 4 cun auténtico golazo. O á empalou desde fóra da área un golpeo perfecto, á escadra da portería asturiana. Vista a inercia do encontro, semellaba ser o primeiro de moitos para un Filial que non paraba de intentalo con perigo. Porén, antes do segundo chegou o primeiro do Racing de Mieres FS, que aproveitou unha transición para colocar o 1-1.


Custou, pero o balón acabou entrando


Se xa era difícil de crer que o choque chegara empatado ao descanso, a incredulidade aumentou no reinicio. Oportunidades de todas as cores dispuxo o cadro de Guille Murillo durante uns dez minutos de segundo tempo no que se mantiveron as táboas.



Ata que, no 30’, Canario lograba o máis que buscado 2-1 a porta baleira. Tres minutos despois chegou o tanto de Brais, en acción individual, que desigualou definitivamente a balanza. Rematando unha xogada de estratexia, Koeman convertía o cuarto gol do Filial, que engadiu a continuación un máis por medio de Izan, ao penalizar este o xogo de cinco dos visitantes.


Con 5-1 no marcador produciuse o asubío final e un novo triunfo como local dos filialistas, que se sitúan 7º con 46 puntos, a 2 da 6ª posición a falta de catro xornadas para que se peche o campionato.


Próximo partido


O Filial visitará ao CD Juventud del Círculo Católico o sábado 5 de abril ás 18:30h pola 25ª xornada ligueira.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Lucho (c), Jorge, Brais e Koeman. Tamén xogaron Iván (p), Teo, Jaime Pan, Izan, Canario, Hugo, Dani Prieto, Iago López e Koeman.


Racing de Mieres FS: Iván Uría (p), Jonathan Pérez, Alejandro Álvarez, Víctor García (c) e César Torralvo. Tamén xogaron Fernando Fernández, Daniel Fernández e Santiago Crespo.


Goles: 1-0 Teo (4’), 1-1 Dani (13’), 2-1 Canario (30’), 3-1 Brais (33’), 4-1 Koeman (35’), 5-1 Izan (36’).


Os árbitros Olivier Cardero Rodríguez e Miguel Jesús Rodríguez Pontanilla amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Izan (30’), o adestrador Guille Murillo (30’), Teo (31’) e Canario (31’). Nos asturianos, amarela a Víctor García (4’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 26 do Grupo I da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comments


bottom of page