CRÓNICA X25 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 2–0 ATB) | Vitoria seria, obxectivo conseguido e ambición máxima
- 2 hours ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” logra a salvación matemática con cinco xornadas de antelación... e gáñase a licenza para soñar. A vitoria (2-0) fronte ao Caja Rural Atlético Benavente FS rubrica o obxectivo e coloca aos noieses na 3ª praza, ou, o que é o mesmo, en postos de PlayOff de ascenso.
O equipo de Chipi saíu forte e no primeiro ataque do encontro abriu a lata. O envío de Koeman á área foi rematado de maneira fantástica por Hugo. O dominio noiés tamén se vislumbraba no xogo. Boa proba é a acción do 2-0, unha marabillosa combinación colectiva finalizada por Jorge no segundo pau ao 7’ de partido.

Solidez e control
O Caja Rural Atlético Benavente FS deu un paso adiante no tramo final do primeiro tempo que continuou na segunda. Porén, o seu empeño non foi suficiente, ni sequera coa entrada do porteiro-xogador benaventano, ante un Filial que controlou a situación ben plantado en defensa pechando a súa portería e que soamente lle faltou engadir algún gol máis que decidira definitivamente o marcador nas oportunidades claras que dispuxo.
Un triunfo máis, e xa é o quinto consecutivo dun Portus Apostoli “B” que entra na fase decisiva do curso coa meta completada e motivos para soñar con algo máis.
Próximo partido
Párase a competición esta fin de semana pola disputa da Copa de España FS. O vindeiro encontro dos filialistas será a seguinte, tamén na casa, en data e hora por confirmar, diante do FS Salamanca.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo, Koeman, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Jaime Pan, Brais, Cepeda, Nico Cuello e Jorge (c).
Caja Rural Atlético Benavente FS: Dani Simón (p) (c), Sergio Simón, Ángel Jiménez, Guancho e Kauan Amin. Tamén xogaron Víctor Montes, Corral, Christian, Pablito, Paappanen e Unai Luque.
Goles: 1-0 Hugo (1’), 2-0 Jorge (7’)
Os árbitros Adrián García López e Mayra Camila Araujo amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Brais (32’) e Jorge (38’). Nos benaventanos, amarelas a Pablito (26’), Víctor Montes (24’), Ángel Jiménez (38’) e Guancho (38’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 25 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 150 espectadores.





Comments