top of page

CRÓNICA X25 FILIAL (VEN 5–2 NPA B) | Derrota en Ventorrillo

O conxunto noiés, decimado polas baixas, loitou pero non foi quen de sacar ningún punto da súa visita ao cuarto clasificado.

Despois de tres partidos seguidos sen perder, o filial noiés caeu contra o Distrito Ventorrillo FS por 5-2, nun encontro no que erros puntuais pesaron demasiado a un equipo curto de efectivos por culpa das baixas.


Os brancos aguantaron o tirón local na primeira metade grazas ao porteiro-xogador, co que igualaron antes do descanso o 2-0 co que se colocara anteriormente o Ventorrillo, por medio dos goles de Adrián Matos en propia portería e Brais.


Na segunda repetiuse a historia, cos coruñeses aproveitando para poñerse de novo con dous tantos de diferenza. Porén, o intento de xogo de cinco esta vez non saíu ben esta vez, co gardameta local freando todas as chegadas noiesas. O 5-2 a dous minutos do final sentenciou definitivamente o partido.


O Portus Apostoli B mantense noveno con 31 puntos despois deste resultado. A vindeira xornada, que será a 26, reciben a visita do O Korreo Guitiriz FS no Agustín Mourís, no que será un duelo directo pola salvación.


 

Ficha técnica


Distrito Ventorrillo FS: Rubén Sabido (p), Álvaro Arbaiza, Javier Puertas, Xavier Merelas e Adrián Matos. Tamén xogaron Óscar Lago (p), Alejandro Varela, Diego Sánchez, Brais Suárez, Kevin Blanco e Francisco Javier Failde.


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Lucho, Jorge, Brais e Yago Vizoso. Tamén xogaron Álvaro (c), Álex Calvo, Hugo e Luis.


Goles: 1-0 Xavier Merelas (10’), 2-0 Francisco Javier Failde (13’), 2-1 Adrián Matos en propia portería (16’), 2-2 Brais (19’), 3-2 Adrián Matos (21’), 4-2 Diego Sánchez (26’), 5-2 Kevin Blanco (28’).


Os colexiados Eloy Bello Gómez e Carlos Mosquera González amoestaron polos locais con cartón amarelo a Adrián Matos (27’). E polos visitantes viu a amarela o adestrador David Palmas (27’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 25 da Terceira División, disputado no Pavillón Ventorrillo.

Comments


bottom of page