top of page

CRÓNICA X25 (NPA 4–4 BET) | Un punto de paixón

Noieses e béticos igualaron nun partido de remontadas, no que os locais, despois de poñerse 2-1 arriba, suaron para acabar empatando o partido a catro tantos.
Con este resultado, o Portus Apostoli ascende ata os 34 puntos e mantense firme na oitava praza da clasificación, que dá acceso ao PlayOff polo título.
Marcelo pisa o balón ante Henmi (foto: Pichero)

De un para outro e, ao final, para ninguén unha victoria que podería supoñer un gran paso adiante para ambos Noia Portus Apostoli FS e Real Betis Futsal, que cun gol de Bruno Gomes a falta de algo máis dun minuto asinaron o empate no Agustín Mourís tras un choque de moitas alternativas no marcador.


O calor de abril e a Semana Santa semellaron sentar mellor nun inicio aos noieses que aos sevillanos, cos tantos de Bruno Gomes no 2’ e de Douglas no 8’ que colocaron unha boa ventaxa ben cedo no duelo. Eran momentos de dominio e iniciativa locais, que as tiveron en ocasións como as de Lluc ou Pirata para engadir algún gol máis á súa conta.


Pagárono os de Marlon Velasco, que viron como, despois de algún acercamento tímido, sobre todo en accións a balón parado, conseguía reducir diferenzas o Real Betis co tanto de Fer Drasler, nun remate duro coa zurda no borde da área ante o que nada puido facer Henrique.


O tanto dou moral aos béticos, que se endureceron atrás chegando ás cinco faltas e terminaron o primeiro tempo atacando. Da misma maneira empezaron o segundo, e, repetindo a receita branca, déronlle a volta ao electrónico en catro minutos, grazas aos goles de Fer Drasler, cun punto de fortuna no disparo, e Raúl Jiménez.


A remontada verdiblanca deixou tocado ao Portus Apostoli, máis tosco e impreciso na súa salida de presión, incluso podendo recibir o cuarto en dúas ocasións claras á transición desperdiciadas polos de Bruno García. Acabou por convertelo Carlos Sanz, quen non perdoou no segundo pau, xa sobrepasado o ecuador do segundo período.


Reaccionou a tempo o cadro noiés para que non se lle fora de todo o partido, co gol de Bruno Gomes no 35’ que volveu a dar ás ao equipo e á afección do Mourís, que vibrou máis se cabe co terceiro do pívot, a pouco máis dun minuto para o final, na primeira tentativa con porteiro-xogador dos brancos.


A expulsión por dobre amarela de Altamirano segundos despois do 4-4 borrou as expectativas e ilusións de poder remontar a remontada. Mono de traballo e a sufrir na inferioridade, con Henrique capitaneando a base de paradas a resistencia noiesa para sumar un punto nada desdeñable e moi suado.


Novo parón ligueiro á vista, esta vez por motivo de compromisos internacionais de seleccións, que o Portus Apostoli alcanza con 34 puntos, un máis cerca do obxectivo da permanencia, practicamente atada, e do reto dun PlayOff que se segue acercando. A próxima xornada, en dúas semanas en Anaitasuna, onde os de Marlon Velasco visitarán ao Osasuna Magna.


Ficha técnica


Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Machado, Altamirano, Edu Jabá e Bruno Gomes. Tamén xogaron Power Raggiati, Lluc (c), Álex García, Pirata, Douglas, Alisson e Marcelo.


Real Betis Futsal: Sarmiento (p), Piqueras, Raúl Jiménez, Henmi e Carrasco. Tamén xogaron Raúl Sánchez (p), Carlos Sanz, Raúl López, Chano, Eric Pérez, Lin (c), Charly, Povea e Fer Drasler.


Goles: 1-0 Bruno Gomes (2’), 2-0 Douglas (8’), 2-1 Fer Drasler (13’), 2-2 Fer Drasler (21’), 2-3 Raúl Jiménez (24’), 2-4 Carlos Sanz (32’), 3-4 Bruno Gomes (35’), 4-4 Bruno Gomes (39’).


Os colexiados asturianos Diego Gallo Suárez y Rubén Hevia Campa amoestaron polos locais con cartón amarelo a Douglas (26’), Machado (28’) e Altamirano (32’ e 39’). E polos visitantes viron a amarela Eric (15’), Sarmiento (23’), Chano (29’) e Piqueras (35’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 25 da Primeira División, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 700 espectadores.

Comments


bottom of page