top of page

CRÓNICA X23 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 6–2 XOV) | Continúa a escalada

  • 19 hours ago
  • 2 min read
Luns, 02/03/2026 · 18:12h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas seguen asentándose nos postos altos da táboa, despois de encadear o seu terceiro triunfo seguido.
Luns, 02/03/2026 · 18:12h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas seguen asentándose nos postos altos da táboa, despois de encadear o seu terceiro triunfo seguido.

O Portus Apostoli “B” fíxose coa vitoria (6-2) na matinal do domingo fronte ao SD Xove FS. Os brancos suman de tres por terceira xornada consecutiva e estiran unha boa dinámica que xa os instala de novo na zona alta da clasificación.


Os locais abriron vantaxe no minuto 3 por medio de Oliver Chenel. O pivote non desperdiciou o servizo de Koeman, previa incorporación ao ataque de Iván. O meta estivo atento pouco despois para evitar o empate nun perigoso remate de Manu Jiménez na área. Respondeu o seu homólogo Edu na área contraria, freando as claras oportunidades de Nico Cuello e Brais. Nada pudo facer o porteiro visitante no 2-0 de Koeman. O internacional finalizou á perfección unha rápida transición conducida por Nico Cuello.


Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

O tramo final do primeiro tempo puido torcerse coa sexta falta noiesa, pero Iván volveu a aparecer para deter o dez metros e, a 1’43’’ do receso, Hugo axustizou para o 3-0 cazando un rexeite na área.


Sen deixalo escapar


Á saída de vestiarios o Filial volveu a golpear no marcador, cun disparo seco e raso de Teo que se converteu no 4-0. A desvantaxe deu pé ao SD Xove FS para introducir ao porteiro-xogador, co que lograron meterse outra vez no electrónico grazas á diana de Iago Míguez e o penalti transformado por Manu Jiménez.


O equipo de Chipi disipou as dúbidas mellorando en defensa e engadindo o quinto á súa conta, cun disparo axustado do capitán Jorge no 32’. Tan só dous minutos máis tarde, unha delicatessen de Oliver Chenel deixou o encontro visto para sentenza.


O segundo de Oliver, un gol de bandeira | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
O segundo de Oliver, un gol de bandeira | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Os filialistas continúan na onda e, a falta de sete partidos para terminar o campionato, os seus 40 puntos colócanos na 5ª praza, a tan só 1 de postos de PlayOff e cunha considerable renda de 12 sobre a zona vermella.

Próximo partido


Os brancos visitan ao Deportivo Laviana FS o sábado 7 de marzo ás 18:00h pola 24ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo, Koeman, Brais e Oliver Chenel. Tamén xogaron Teo, Nico Cuello, Álvaro, Jaime Pan, Cepeda e Jorge (c).


SD Xove FS: Edu (p), Iago Míguez, Pancho, Manu Jiménez (c) e Renatinho. Tamén xogaron Marcos, Antón Couto, Christian, Chema, Dina Jr e Rafinha.


Goles: 1-0 Oliver Chenel (3’), 2-0 Koeman (16’), 3-0 Hugo (19’), 4-0 Teo (21’), 4-1 Iago Míguez (26’), 4-2 Manu Jiménez, de penalti (27’), 5-2 Jorge (32’), 6-2 Oliver Chenel (34’).


Os árbitros Andrés Pinilla Boullosa e Lidia Crespo Pardo amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Koeman (1’) e Jorge (29’). Nos mariñáns, amarelas a Dina Jr (28’) e Pancho (36’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 23 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.

Comments


bottom of page