top of page

CRÓNICA X23 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 5-3 CRI) | Importantes tres puntos na casa


Luns, 03/03/2025 · 16:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas impóñense no duelo directo e manteñen comba na disputa pola quinta plaza.


Como na casa, en ningures. O Noia Portus Apostoli FS “B” pon fin á xeira de dúas derrotas consecutivas e logra os tres puntos na visita ao Mourís do CD San Cristóbal Núñez Automoción, rival directo ao que deixa atrás na pelexa polo quinto lugar da táboa.


Tras un inicio con equilibrio de forzas, o Filial foi gañando terreo no encontro co paso dos minutos, abrindo a lata no 8’. O tanto asinouno Teo, finalizando no segundo pau unha boa acción de equipo. Os noieses tiveron oportunidades para aumentar diferenzas, pero o que chegaría foi o empate, cos visitantes penalizando no minuto 16 un erro en saída de presión.


Despois da contundencia, o saber sufrir


Na segunda parte, os de Guille Murillo si souberon reflectir a súa superioridade no marcador. Catro goles entre o minuto 27 e o 33 decantaron a contenda para o lado local. A seguidilla empezou co de Jorge, empuxando á rede no segundo pau unha rápida xogada noiesa; no 31’, Izan convertiu o penalti cometido sobre Koeman; e no 33’, Brais e Álvaro conectaron dous disparos imposibles para o meta rival, subindo o 5-1.


A desvantaxe forzou aos segovianos a introducir o porteiro-xogador, co que crearon perigo sobre a portería de Mosquera. Os tantos visitantes no 36’ e o 38’ alimentaron certa incentidume para a recta final. Porén, os filialistas puxeron o cadeado definitivo e certificaron o seu 12º triunfo do curso.


7ª posición con 38 puntos para o Noia Portus Apostoli FS “B”, que está a un pasiño de concretar a salvación matemática e que continúa metido na disputa por un quinto lugar donde o FS Salamanca Dehesa Grande, con 45, non ergue o pé do acelerador.


Próximo partido


O Filial visita ao ADAMO Xove FS o vindeiro sábado 8 ás 18:15h no Pavillón Centro Cívico de Xove pola 24ª xornada ligueira.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Izan, Teo, Jaime Pan e Canario. Tamén xogaron Pablo (p), Lucho (c), Álvaro, Koeman, Jorge, Brais e Hugo.


CD San Cristóbal Núñez Automoción: Viti (p), Edu, Huertas, Polonio e Samu. Tamén xogaron David, Pipi, César, Mochi, Nano e Juan.


Goles: 1-0 Teo (8’), 1-1 Polonio (15’), 2-1 Jorge (27’), 3-1 Izan, de penalti (31’), 4-1 Brais (33’), 5-1 Álvaro (33’), 5-2 César (36’), 5-3 Edu (38’).


Os árbitros Ander Orbegozo Cantón e Álvaro Sobral Moreno amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Jaime Pan (14’), Hugo (16’), Izan (20’) e Canario (28’). Nos segovianos, amarela a César (18’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 23 do Grupo I da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comentarios


bottom of page