O Filial alcanza as 20 vitorias desfacéndose sen complicacións do Baíña FS – Granichan, para manter así os 9 puntos de vantaxe no máis alto da clasificación.
O Noia Portus Apostoli FS “B” fixo do seu envite ante o Baíña FS – Granichan un trámite, ao encarrilar rapidamente o marcador e terminar goleando por 9-2 para sumar a vitoria número 20 da temporada e prolongar a diferenza de 9 puntos no liderado da Terceira División FS.
6 minutos tardaron os noieses en romper o electrónico, co 1-0 de Gandoy. Era a proba dun dominio local evidente, cun Théo entre paus que apenas interviu. Os brancos aproveitaron iso para ampliar diferenzas, por medio de Jorge, Pau, Álex López e de novo Gandoy para colocar o 5-0 en 17 minutos. Nos últimos segundos do acto inicial, os visitantes reduciron un gol a súa desvantaxe.
Ao pouco de saír de vestiarios, Lukas converteu o sexto nunha fermosa combinación con Jorge, conexión que se repetiu noutras accións de gol. Replicaron os baioneses a continuación coa súa segunda diana, pero a partir de aí xa non atoparían máis resposta. O Filial noiés desenvolveuse con bo ritmo de balón, intensidade e acerto para pechar o partido no 31’ cos tres últimos goles, de Jorge, Brais e Lukas, e colocar o 9-2 definitivo.
O 20º triunfo do curso para o Noia Portus Apostoli FS “B”, que retorna á senda da vitoria con man de ferro e suma 60 puntos de 69 posibles, que lle valen para ter 9 de vantaxe sobre o Distrito Ventorrillo FS a falta de 7 partidos. O seguinte, a vindeira semana na cancha do Praias de Barreiros CD.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS “B”: Théo (p), Lucho, Lukas, Pau (c) e Jorge. Tamén xogaron Iván (p), Brais, Hugo, Bonino, Gandoy e Álex López.
Baíña FS – Granichan: Carrascal (p), Jonatan Fontán, Sergio Sanromán, Lorenzo e Balboa (c). Tamén xogaron Tomás Roldán (p), Víctor Sanromán, Ismael González, Puma e Igor.
Goles: 1-0 Gandoy (7’), 2-0 Jorge (9’), 3-0 Pau (11’), 4-0 Álex López (13’), 5-0 Gandoy (18’), 5-1 Balboa (19’), 6-1 Lukas (22’), 6-2 Puma (23’), 7-2 Jorge (30’), 8-2 Brais (31’), 9-2 Lukas (31’).
Os colexiados Adrián García López e Yago Seijas Piñeiro amoestaron polos visitantes con cartón amarelo a Lorenzo (16’) e Puma (28’). Sen amoestacións nos noieses.
Incidencias: partido correspondente á xornada 23 da Terceira División FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.
Comments