top of page

CRÓNICA X23 FILIAL (BEA 0-2 NPA B) | Balsámicos tres puntos

O Portus Apostoli B pechou a súa mala xeira derrotando ao CD Beade MVMB Copefri como visitante nun partido serio dos noieses.

Por fin. O Noia Portus Apostoli B quitouse un peso de enriba na tarde do sábado, no partido da xornada 23 da Terceira División, retornando á senda da vitoria na cancha do CD Beade MVMB Copefri grazas a unha actuación sólida que lles permitiu sumar tres puntos importantísimos.


Os tantos de Yago Vizoso e Pau nos dez primeiros minutos foron suficiente para un filial que, a diferenza doutros encontros, amosou unha cara máis sólida e contundente cerca da súa portería, na que colocaron o peche para deixala a cero por primeira vez no curso. A marxe no marcador puido ser maior, de aproveitar os nosos a expulsión dun local un minuto antes do descanso.


Con este fantástico resultado, os de Palmas deixan atrás os 24 puntos nos que estaban estancados para situarse con 27 e recuperar aire e confianza para o que seguirá nesta recta final de temporada con moito en xogo.


A semana que entra será de dobre compromiso para os filialistas, comezando por un martes no que disputará os catorce minutos restantes do partido suspendido da xornada 16 en Pazos de Borbén (ía 3-3 ao momento da suspensión) e seguindo polo duelo da xornada 24, para o domingo 19, no Mourís contra o Redondela FS Maramar, novo partido clave para os noieses contra outro rival da zona baixa.


 

Ficha técnica


CD Beade MVMB Copefri: Xairo Quintela (p), Xandre Costas, Juan Manuel García, Brian Moreira e Bosco Cividanes. Tamén xogaron Daniel Vázquez (p), Marcos Uriarte, Adrián Ruiz, Rubén Presa, Pablo Rodríguez, Fabio Iglesias e Cristian Pérez.


Noia Portus Apostoli B: Pablo (p), Lucho, Jorge, Pau e Brais. Tamén xogaron Yago Vizoso, Álvaro e Hugo.


Goles: 0-1 Yago Vizoso (7’), 0-2 Pau (9’).


Os colexiados Álvaro Sobral Moreno e Marcos Vázquez Mayán amoestaron polos locais con cartón amarelo a Cristian Pérez (29’) e Brian Moreira (36’) e con cartón vermello a Juan Manuel García (19’). Polos visitantes, viron a amarela Pablo (13’) e Pau (29’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 23 da Terceira División, disputado no Pavillón IES Beade.

Comments


bottom of page