CRÓNICA X22 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (EST 1–3 NPA “B”) | Asalto a As Pontes
- Feb 23
- 2 min read

Gran triunfo do Portus Apostoli “B” na súa visita ao O Esteo FS. Os de Chipi superaron ao segundo clasificado (1-3) cunha sólida actuación e amárranse aos postos altos da táboa.
O conxunto noiés levou o mango do choque, contando coas mellores ocasións en ataque e concedendo pouco en defensa ante un O Esteo FS que non tivo o seu mellor día ante a baixa de Adri. Abriu a lata Koeman no minuto 13, unha diferenza que puido aumentar de non ser polo bo facer de Regue entre paus locais.
Firmes na decisión
Preto do ecuador do segundo acto, Rubén puxo o empate para os de As Pontes. Co 1-1, o encontro alcanzou un punto de igualdade no que calquera gol podería mudalo todo. Así, no 37’ Oliver Chenel cazou un balón na área que supuxo o 1-2. Porteiro-xogador a pista nos locais, á que os noieses responderon cunha gran defensa e, a poucos segundos do final, a sentenza por medio de Nico Cuello.
Unha vitoria de moita relevancia para o Filial, que continúa achegándose ao obxectivo da permanencia e, cos seus 37 puntos na 5ª praza, asómase aos postos nobres.
Próximo partido
Os brancos reciben ao SD Xove FS o vindeiro domingo 1 de marzo a partir das 12:00h pola 23ª data ligueira.
Ficha técnica
O Esteo FS: Regue (p), Cokito, Matos, Jandro e Rubén. Tamén xogaron Gael, Mateo e Adrián.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo, Nico Cuello, Koeman e Oliver Chenel. Tamén xogaron Teo, Jaime Pan, Álvaro, Brais, Cepeda e Jorge (c).
Goles: 0-1 Koeman (13’), 1-1 Rubén (28’), 1-2 Oliver Chenel (37’), 1-3 Nico Cuello (40’).
Os árbitros Iria de Luis e Óscar Luis Gulín Piñeiro amoestaron con tarxeta amarela nos locais a Adrián (25’) e o adestrador Iván López (35’). Nos visitantes, amarela a Álvaro (35’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 22 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal de A Fraga de As Pontes.





Comments