top of page

CRÓNICA X22 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (ATB 8-5 NPA “B”) | Derrota na cancha do líder


Luns, 24/02/2025 · 11:30h | A pegada dun dos aspirantes ao ascenso impúxose aos filialistas.


O Noia Portus Apostoli FS “B” non puido puntuar na súa visita ao Caja Rural Atlético Benavente FS, que demostrou o por que da súa condición de líder do Grupo I de Segunda División “B” FS e de ser un dos favoritos ao ascenso a Segunda.


Os zamoranos puxeron de cara o partido na primeira acción do mesmo, por medio de Pablo Sanz. Nun tramo sen dominador claro, os locais aproveitaron un saque de banda coa man e posterior remate de cabeza de Isidro para o 2-0. Reduciu distancias o Filial de inmediato, coa aparición de Canario no segundo pau pase de Teo. Porén, na última xogada previa a encarar vestiarios, Sergio Simón colocou o 3-1.


Protagonismo do porteiro-xogador


Dous tantos máis dos benaventanos no reinicio empuxaron aos de Guille Murillo a introducir o porteiro-xogador. Aínda que o sexto tanto local chegou tras unha perda, os noieses sacarían rédito do xogo de cinco ao anotar Teo e Jaime Pan, xa dentro dos últimos dez minutos de encontro, otorgando premio a unha insistencia que o meta local estaba sufocando.


Os dirixidos por Marcos Vara tamén optaron polo porteiro-xogador para protexer e, de paso, aumentar a súa vantaxe, sumando dúas dianais máis ao seu favor. Os goles de Brais e Jorge nos últimos compases debuxaron o 8-5 definitivo en La Rosaleda.


O cadro filialista cae á 7ª praza con 35 puntos tras as dúas derrotas consecutivas que acumula.


Próximo partido


Os noieses recibirán ao CD San Cristóbal Núñez Automoción o vindeiro domingo 2 de marzo ás 13:00h no Agustín Mourís, pola 23ª xornada ligueira.


 

Ficha técnica

Caja Rural Atlético Benavente FS: Raúl (p), Sergio Simón, Pablo Sanz, Isidro e Aitor. Tamén xogaron David, Corral, Christian, Ángel Jiménez, Jorge e Jonás.


Noia Portus Apostoli FS “B”: Pablo (p), Lucho (c), Hugo, Koeman e Brais. Tamén xogaron Koke (p), Teo, Jaime Pan, Dani Prieto, Canario, Izan e Jorge.


Goles: 1-0 Pablo Sanz (2’), 2-0 Isidro (17’), 2-1 Canario (17’), 3-1 Sergio Simón (19’), 4-1 Aitor (24’), 5-1 Pablo Sanz (26’), 6-1 Aitor (32’), 6-2 Teo (32’), 6-3 Jaime Pan (34’), 7-3 Sergio Simón (35’), 8-3 Isidro (37’), 8-4 Brais (38’), 8-5 Jorge (39’).


Os colexiados Alejandro Jesús López Panizo e David Rodríguez Martín amoestaron con tarxeta amarela nos benaventanos a Aitor (29’) e Isidro (31’). Nos noieses, amarela a Jaime Pan (18’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 22 do Grupo I da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal La Rosaleda de Benavente.

Comments


bottom of page