top of page

CRÓNICA X21 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 7–4 COR) | Fortes na casa

  • Feb 16
  • 2 min read
Luns, 16/02/2026 · 19:31h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas impóñense nun competido duelo ante os vigueses.
Luns, 16/02/2026 · 19:31h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas impóñense nun competido duelo ante os vigueses.

O Filial fíxose este sábado con tres importantes puntos no seu feudo, superando (7-4) ao IES Coruxo FS nun partido intenso e competido.


A contenda abriuse con dous goles en apenas segundos do primeiro minuto. O meta noiés Iván puxo o 1-0 cun disparo de lonxe na súa primeira incorporación ao ataque, e na acción seguinte os visitantes lograron o empate. Teo volveu a dar en favor dos noieses, nun remate de falta no minuto 4.


Os noieses puxeron terra de por medio cedo | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Os noieses puxeron terra de por medio cedo | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

A primeira metade estivo marcada pola altísima intensidade de ambos equipos, que non daban ningún balón por perdido. Nesas, un detalle de calidade emerxeu das botas de Nico Cuello para facer máis diferenza. O á converteu o 3-1 cun axustado disparo á escadra. O propio Nico faría o 4-1 pouco despois, materializando un saque de esquina efectuado polo capitán Jorge. Recurtaron diferenzas os vigueses no tramo final, pero a segundos do descanso Oliver Chenel colocou novamente tres tantos de vantaxe.


Aguantando a distancia


No reinicio volveron a golpear os de Chipi, por medio dun Brais que levaba o 6-2 ao electrónico. Cun dobrete de Quique, o IES Coruxo FS alcanzou o momento decisivo do duelo con opcións de puntuar. Arrebatoullelas totalmente Koeman, aproveitando o porteiro-xogador visitante para conseguir o que sería o 7-4 final.


Estes tres puntos posicionan ao Filial noiés en 6ª posición da táboa clasificatoria con 34 unidades, a 3 da zona de PlayOff e con 9 sobre a queima.


Próximo partido


Os brancos visitarán ao O Esteo FS o vindeiro sábado 21 ás 18:15h pola 22ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo, Nico Cuello, Brais e Oliver Chenel. Tamén xogaron Teo, Jaime Pan, Koeman, Cepeda e Jorge (c).


IES Coruxo FS: Adán (p), Alexis (c), Danichu, Pablo e Quique. Tamén xogaron Pedro, Lamoso, Pumo e Javi.


Goles: 1-0 Iván (1’), 1-1 Pablo (1’), 2-1 Teo (4’), 3-1 Nico Cuello (11’), 4-1 Nico Cuello (13’), 4-2 Lamoso (18’), 5-2 Oliver Chenel (20’), 6-2 Brais (22’), 6-3 Quique (25’), 6-4 Quique (36’), 7-4 Koeman (38’).


Os árbitros Adrián García e Tania María Penabad amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Jorge (26’), Koeman (27’), Hugo (29’), o adestrador Chipi (32’) e Cepeda (33’). Nos vigueses, amarelas a Lamoso (14’), o adestrador Javier Iglesias (15’) e Pedro (26’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 21 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.

Comments


bottom of page