CRÓNICA X20 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (VTG 5–4 NPA “B”) | Axustada caída en Valladolid
- 2 days ago
- 2 min read

O Filial non puido prolongar en Valladolid o seu bo momento. Os de Chipi cederon (5-4) nun igualado encontro, no que o inicio do segundo período e a falta de acerto en portería rival marcaron o resultado.
Os brancos arrancaron con iniciativa, e, despois de varias ocasións, Nico Cuello aproveitou un pase de Jorge para abrir o marcador. Nas botas de Oliver Chenel estivo a opción do 0-2, pero foron os locais os que lograron o empate, nun disparo que Jorge a piques estivo de sacar entre paus. A inercia do gol favoreceu aos valisoletanos, que a seis minutos do descanso puxéronse por diante co 1-2 de Iker Alonso. Koeman tivo a máis clara para volver a nivelar, pero negáronllo sobre a liña.
Mal reinicio e pouca puntería
A segunda metade comezou da peor maneira posible. Aos 6’ do reinicio, os pucelanos colocaran o 4-1 con dúas efectivas e rápidas transicións. Entrada inmediata do porteiro-xogador noiés, co que a pista se inclinou cara a portería local. A insistencia trouxo premio cos tantos de Oliver Chenel e Jaime Pan que apretaban o duelo con 9’ por desputarse. Porén, os locais darían de novo no 33’ nunha acción individual. No tramo final sucedéronse as continuas chegadas visitantes, con e sen xogo de cinco, pero só Koeman acertou cunha manobra de moita clase, deixando o marcador final de 5-4.
Transcorridas 20 xornadas e, por tanto, dous terzos da competición, o conxunto de Chipi ocupa a 6ª praza con 31 puntos.
Próximo partido
O cadro filialista recibirá ao IES Coruxo FS o vindeiro sábado 14 de febreiro a partir das 18:45h pola 21ª xornada de competición.
Ficha técnica
CD Tierno Galván FS: Ignacio Cubero (p), Álvaro Vallejo, Jorge Sanz, Armand Torrego e Antonio Marcos. Tamén xogaron Adrián Rodríguez (p), Eduardo Durante (p), David Bachiller, Álvaro Martínez, Daniel Caramazana, Diego Martínez, Javier Sanz (c), Iker Alonso e Dani Martín.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Hugo, Koeman, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Mateo Varela, Jaime Pan, Brais, Cepeda, Nico Cuello e Jorge (c).
Goles: 0-1 Nico Cuello (4’), 1-1 Jorge, en propia portería (12’), 2-1 Iker Alonso (14’), 3-1 Armand Torrego (24’), 4-1 Iker Alonso (26’), 4-2 Oliver Chenel (31’), 4-3 Jaime Pan (31’), 5-3 Álvaro Martínez (33’), 5-4 Koeman (36’).
Os árbitros Alfonso Enrique Gómez e Víctor José Gómez, do comité castelán-leonés, amoestaron con tarxeta amarela nos pucelanos a Álvaro Vallejo (18’) e José Luis Petite (39’). Nos noieses, amarelas a Mosquera (14’), Jaime Pan (24’) e Jorge (37’). Viu a vermella directa o local Dani Martín (32’)
Incidencias: partido correspondente á xornada 20 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Lalo García de Valladolid.











Comments