top of page

CRÓNICA X19 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (5CO 4–3 NPA) | Derrota pola mínima ante o perseguidor


Domingo, 16/02/2025 · 19:25h | Os coruñeses non perdoaron os erros dun Xuvenil DH branco que ve reducida a súa distancia no liderado.


O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS probou o sabor da derrota por segunda vez en 18 partidos este pasado sábado en A Coruña, onde o seu máximo perseguidor, o 2º clasificado 5 Coruña FS, levou a vitoria por 4-3 para reducir a diferenza a 6 puntos na táboa.


Os locais colocaron un 2-0 favorable no 14’ de xogo, grazas aos goles de Anxo e Iago. Reduciu distancias Oliver Chenel para os brancos, aos que lles pasou factura carecer do acerto de cara a porta doutras xornadas. Máis, cando antes do descanso Sousa facía o 3-1 co que ambos equipos vían vestuarios.


Os goles chegaron tarde


Mediado o segundo tempo, o 5 Coruña FS achegou aínda máis o triunfo ao seu lado co 4-1 de Anxo. Os noieses arriscaron no tramo final para intentar volver a meterse no marcador. Primeiro Sito no 34’ e logo César no 38’ deron recompensa ao esforzo do Xuvenil DH branco, reducindo a renda a un tanto. Porén, os de Daniel Ventoso non lograrían sacar, polo menos, un punto en Novo Mesoiro.


Un pequeno tropezo do que os noieses tratarán de recompoñerse o antes posible para seguir completando un fabuloso papel na Xuvenil División de Honra FS, a cal continúan liderando. Agora, con 6 puntos de diferenza tras 18 partidos, e, igual que o 5 Coruña, pendente de disputar o da xornada 16.


Próximo partido


O Xuvenil DH noiés recibirá ao Sibuscascoche Ribeira FS o vindeiro domingo 23 ás 12:45h pola 20ª xornada ligueira.


 

Ficha técnica

5 Coruña FS: Sergio (p), Leo, Tomi, Geri e Hugo. Tamén xogaron Xoel (p), Antón (c), Anxo, Rodrigo, Iago, Pallas e Sousa.


Noia Portus Apostoli FS: Lucas (p), César, Álvaro, Xavi Souto e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Sito (c), Mateo Varela, Saúl e Danito.


Goles: 1-0 Anxo (12’), 2-0 Iago (14’), 2-1 Oliver Chenel (15’), 3-1 Sousa (19’), 4-1 Anxo (29’), 4-2 Sito (34’), 4-3 César (38’).


Os árbitros Franco Álvaro Campagnoli e David Kumor Otero amoestaron con tarxeta amarela nos coruñeses a Iago (38’). Nos noieses, amarelas a Sito (12’), Álvaro (14’) e Koke (31’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 19 do Grupo I de la Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón Novo Mesoiro de A Coruña.

Comments


bottom of page