top of page

CRÓNICA X19 TERCEIRA (NPA “B” 7–0 BRG) | O Filial faille un 7 ao Cidade de As Burgas

Plácida goleada do Portus Apostoli “B”, que alcanza os 51 puntos en 19 xornadas e mantén a vantaxe á fronte da clasificación.

Álex López celebra un dos seus goles (foto: Manuel Lorenzo)

O Noia Portus Apostoli FS “B” asinou un sólido triunfo na visita do Cidade de As Burgas FS ao Agustín Mourís, nun partido que controlou en todo momento e que redondeou cunha goleada e sen encaixar ningún tanto en contra.


Dominio de balón e ocasións, aos noieses só lles faltaba nos primeiros intres atopar o gol. Tivo que agardar ata pasados os 10 minutos para facelo, con Lucho definindo de calcaño o pase ao segundo pau de Lukas. Tamén a pracer anotou, un minuto despois, Álex López a servizo de Pau. O 3-0 de Bonino fixo méritos mínimos á actuación dos brancos no primeiro tempo.


Á volta de vestiarios sucedeu máis do mesmo. Un par de grandes ocasións erradas por Gandoy e Dani Prieto precederon ao cuarto tanto noiés, convertido por Álex López tras conectar en ataque precisamente con Gandoy. Lukas e Hugo tamén rozaron o seu gol, con intentos estrelados na madeira. Xa na recta final, e con ambos equipos alternando o xogo de cinco, o Filial agrandou o marcador co segundo de Bonino e un dobrete de Brais.


17 vitorias en 19 partidos, a 7ª seguida e 51 puntos (6 sobre o segundo, Distrito Ventorrillo FS) no máis alto da táboa. Os números falan por si sós sobre un Noia Portus Apostoli FS “B” que se desprazará a Rábade a vindeira semana para tentar alargar o estado de graza.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Théo (p), Hugo, Álex López, Pau (c) e Gandoy. Tamén xogaron Iván (p), Mateo Vázquez, Lukas, Brais, Dani Prieto, Lucho e Mati Bonino.


Cidade de As Burgas FS: Andrés (p), Gonzalo, Pablo (c), Guerra e Rodri. Tamén xogaron Fabián (p), Ángel, Marco, Neira e Moure.


Goles: 1-0 Lucho (11’), 2-0 Álex López (12’), 3-0 Mati Bonino (15’), 4-0 Álex López (32’), 5-0 Mati Bonino (35’), 6-0 Brais (38’), 7-0 Brais (40’).


Os colexiados Roberto Pérez Giráldez e Alejandro Rodríguez Travieso amoestaron polos locais con cartón amarelo a Gandoy (34’) e Mati Bonino (38’). Viu a amarela nos visitantes Fabián (29’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 19 da Terceira División FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.


Comments


bottom of page