CRÓNICA X18 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (ORD 1–6 NPA) | Triunfo incontestable en Ordes
- 3 days ago
- 2 min read

O Xuvenil DH do Portus Apostoli cumpriu os prognósticos na pista do Jogafan Ordes FS, sumando os tres puntos (1-6) e manténdose firme xusto antes do duelo entre colíderes da táboa.
Os noieses levaron a iniciativa do choque no transcurso do xogo e no marcador. Gabi converteu un golazo para o 1-0 no 8’, seguido polo dobrete de Xavi Souto no 9’ e o 11’. Preto do descanso, Jorge Santiago colocou o 0-4 co que ambos equipos se dirixiron a vestiarios.
Sen cambios
O dominio branco proseguiu e os goles continuaron chegando tras o receso. O quinto levou a especial sinatura de Adrián Yáñez, o seu primeiro co equipo. Xunto a Gabriel Cutrin e Mateo Castro, foi un dos tres xogadores máis habituais do Xuvenil de Primeira Futgal FS en contar con participación.
O Jogafan Ordes FS logrou o seu gol no 25’ con fortuna, ao ser en propia meta de Gabi, quen se resarciría no tramo final anotando o 1-6 definitivo, xa cos locais actuando con porteiro-xogador.
Con esta vitoria, o conxunto noiés sitúase na 2ª praza empatado a 46 puntos co primeiro, o CD Inter Sala Adarsa Mercedes, e con 3 de renda sobre o terceiro clasificado.
Próximo partido
O sábado 28 ás 17:00h no Municipal Agustín Mourís, duelo entre colíderes ante o CD Inter Sala Adarsa Mercedes pola xornada 19 ligueira.
Ficha técnica
Jogafan Ordes FS: Jesús Calvo (p) (c), Juan Márquez, Armando Amengual, Guillermo Fernández e Darío Vilariño. Tamén xogaron Diego Raña (p), Anxo Vilar, Anxo García, Sergio Amigo, Dayron Cancela e Álvaro Castiñeiras.
Noia Portus Apostoli FS: Cristian (p), Xavi Souto, Bosco, Danito e Jorge Santiago. Tamén xogaron Mateo Castro (p), César (c), Gabriel Cutrin, Gabi, André, Adrián Yáñez, Hugo Veiga e Miguel Romero.
Goles: 0-1 Gabi (8’), 0-2 Xavi Souto (9’), 0-3 Xavi Souto (11’), 0-4 Jorge Santiago (17’), 0-5 Adrián Yáñez (23’), 1-5 Gabi, en propia portería (25’), 1-6 Gabi (38’).
Os árbitros Franco Álvaro Campagnoli e Guillermo Martínez amoestaron con tarxeta amarela nos locais a Anxo Vilar (8’), Dayron Cancela (9’), Armando Amengual (16’), Anxo García (27’) e Guillermo Fernández (38’). Nos visitantes, amarelas a Bosco (11’), Danito (14’) e Jorge Santiago (17’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 18 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón Castelao II de Ordes.





Comments