
Domingo, 26/01/2025 · 17:35h | O marcador final non reflicte o bo papel do Filial, que puxo contra as cordas durante moitos minutos ao líder.
Tívoo ao seu favor, pero non puido ser para o Noia Portus Apostoli FS “B”, que se foi de baleiro de Pontevedra tras ver como o líder Stellae Leis lle daba a volta ao electrónico nos últimos dez minutos de partido.
O Filial empezou dando a sorpresa desde moi cedo e dunha das formas máis improbables. No minuto 2, Iván chapou un disparo do meta local, ao que pillou de improviso cun golpeo directo á rede, penalizando a súa posición avanzada na cancha.
O 0-1 para os noieses durou 4 minutos. O que tardou un seguro no remate exterior como Aicardo en deixar a súa sinatura no partido. E dun especialista máis que consumado pola súa dilatada e exitosa traxectoria, a outro que soña con iso nos seus inicios. A 15 segundos do descanso, Álvaro reinstauraba o dominio branco cun forte e axustado disparo de lonxe, propio do seu selo.
Uns últimos minutos desafortunados
Xa no segundo acto, o líder apretou e puxo en dificultades pouco a pouco a un Filial que aguantou sen encaixar ata o 31’. Instantes despois do empate de Nico, Aicardo sumou un tanto máis á súa conta, que provocou a entrada do porteiro-xogador nos de Guille Murillo.
Para contra dos intereses noieses, esta vez impúxose a defensa ao ataque, e o xogo de cinco sé serviu para aumentar a desvantaxe e confirmar a vitoria dun Stellae Leis Pontevedra FS, que engadiu tres dianas máis por medio de Mario Paz e un dobrete de Alán.
Con esta derrota, o Portus Apostoli “B” cae da 5ª á 6ª praza con 29 puntos tras 18 encontros.
Próximo partido
O Filial recibirá ao O Esteo FS o vindeiro venres 31 ás 21:30h, pola xornada 19 ligueira.
Ficha técnica
Stellae Leis Pontevedra FS: Dani (p), Nico (c), Mario Paz, Andrés Agudelo e Semedo. Tamén xogaron Alán, Yeray, We Casas, Aicardo, Said, Hugo e Izan.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Izan, Teo, Jaime Pan e Canario. Tamén xogaron Lucho (c), Fer, Álvaro, Koeman, Brais, Dani Prieto, Iago López e Hugo.
Goles: 0-1 Iván (2’), 1-1 Aicardo (6’), 1-2 Álvaro (20’), 2-2 Nico (31’), 3-2 Aicardo (32’), 4-2 Alán (34’), 5-2 Mario Paz (35’), 6-2 Alán (37’).
Os árbitros Iria de Luis Iglesia e Daniel López López amoestaron polos pontevedreses con tarxeta amarela ao seu adestrador Santiago Valladares (26’) e a We Casas (29’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 18 do Grupo I da Segunda División “B” FS, disputado no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.
Comments