top of page

CRÓNICA X16 FILIAL (suspendido) (PAZ 3–3 NPA B) | Valioso punto

O marcador non se moveu no reinicio do partido suspendido o pasado 14 de xaneiro, repartindo un punto para pacenses e noieses.

Moitas cousas pero ningún gol. Así foron os 14 minutos de recomezo do Pazos de Borbén-Noia Portus Apostoli B da xornada 16, que, tras a súa suspensión inicial, atopou dunha vez por todas un fin no que o resultado non mudou do 3-3 co que se interrompera o 14 de xaneiro.


Os primeiros minutos pertenceron claramente aos locais, que entraron mellor ao encontro e gozaron de varias ocasións perigosas sobre a portería dun Marcos que estivo excelente baixo paus. Precisamente coa madeira se atoparían os noieses na súa primeira tentativa clara do partido, un remate de Álvaro que non serviría para romper a igualada, pero si animar aos seus.


O estraño contexto permitiu un tramo final con moito ritmo e vai e vén no que ambos cadros contaron con oportunidades manifestas, sobre todo un Pazos que estrelou un balón ao pau e viu como Marcos freaba outros dous lanzamentos cerca da liña de gol.


Só faltou o gol, o que puido darlle ao Portus Apostoli B unha vitoria de quilates ou deixalo sen nada. Pero o que se levaron os de Palmas é un punto da pista do terceiro que os deixa 10º con 28, pode valer de moito de cara a lograr a permanencia e que tentarán facer mellor este domingo 19 ás 17:00 nunha nova final contra o penúltimo clasificado, o Redondela FS Maramar.


 

Ficha técnica (do reinicio do partido)


SD Pazos de Borbén FS: Lolo (p), Luis (c), Mariete, Joni e Martín. Tamén xogaron Simón, Jonás, Diego e Aarón.


Noia Portus Apostoli B: Marcos (p), Álvaro, Jorge, Pau e Manu Lorenzo (c). Tamén xogaron Yago Vizoso, Brais e Hugo.


Goles:


Os colexiados Jesús Otero Baltasar e Álvaro Sobral Moreno amoestaron con cartón amarelo ao local Diego Bouzón.


Incidencias: disputa dos catorce minutos restantes do partido suspendido o 14 de xaneiro da xornada 16 no Municipal de Pazos de Borbén a porta pechada.

Comments


bottom of page