top of page

CRÓNICA X14 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 7-2 INT) | Goleada e despedida do Mourís ata o 2025

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Dec 16, 2024
  • 2 min read

Luns, 16/12/2024 · 17:30h | Cun gran tramo final de partido, o Filial selou o triunfo na visita a Noia do CD Intersala Zamora.


O Noia Portus Apostoli FS “B” resolveu o seu último partido do año na casa cunha goleada por 7-2 fronte ao CD Intersala Zamora – Euronics Caja Rural, froito duns grandes 10 minutos finais.


Hugo adiantou aos brancos no 4’ cun golpeo exterior desviado por un rival. O tanto non acomodou de todo aos noieses no encontro, que viron como os visitantes igualaban no 11’. Dispuxo Izan dun dez metros para volver a tomar vantaxe, pero o meta contrario tapou o lanzamento. Nada puido facer pouco despois co remate de Teo desde banda esquerda, que supuxo o 2-1 co que se alcanzou o descanso.


Carrusel final de goles


O Intersala volveu a reestabrecer o empate nos primeiros instantes do reinicio por medio de Morales, pero aí se quedaría a súa reacción. Co gol de Brais no 29’, o Filial desatouse de cara a porta. Jorge, Brais de novo, Lucho e Izan anotaron os goles noieses ata completar o sete e o regreso á senda da vitoria tras a derrota da xornada anterior.


6º con 23 puntos tras decidir o último choque do 2024 no Mourís con alegría, o Filial asegúrase continuar máis preto do PlayOff que da zona vermella, polo menos, unha semana máis.


Próximo partido


Os noieses pecharán o ano e a primeira volta esta fin de semana visitando ao Grupo FORMA-T Vilalba FS.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Izan, Teo, Jaime Pan e Canario. Tamén xogaron Mosquera (p), Lucho (p), Álvaro, Koeman, Brais, Dani Prieto, Hugo, Jorge e Oliver Chenel.


CD Intersala Zamora – Euronics Caja Rural: Pablo (p), Ballano, Isma, Pibeta e Velasco. Tamén xogaron Viti (p), Páramo, Gago, Morales, Magi, Ratero e Iván.


Goles: 1-0 Hugo (4’), 1-1 Izan, en propia portería (11’), 2-1 Teo (17’), 2-2 Morales (21’), 3-2 Brais (29’), 4-2 Jorge (33’), 5-2 Brais (35’), 6-2 Lucho (37’), 7-2 Izan (38’).


Os colexiados Olivier Cardero Rodríguez e Jorge Otero Mira amoestaron nos noieses con tarxeta amarela a Canario (7’), Dani Prieto (11’), Iván (26’), Jorge (27’) e Hugo (28’). Nos zamoranos, amarelas a Ratero (9’), Ballano (13’), Páramo (14’), Gago (20’), Magi (20’ e 35’) e o adestrador Chema Sánchez (28’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 14 do Grupo I da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comments


bottom of page