CRÓNICA X14 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 3–5 GUA) | Non era o día
- Departamento prensa Noia PA FS

- 13 hours ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” caeu (3-5) ante o Deporcyl Guardo FS o pasado sábado, acusando o pouco acerto de cara a porta en varias ocasións claras falladas que decantaron o partido.
Cedo o puxo de cara o conxunto visitante. David Villa abriu a lata no minuto 5, e o seu compañeiro Alber lograba no 13’ o 0-2 co que os guardenses imperaban no partido ante un Filial que o intentaba sen éxito.
Máis do mesmo
Dous tiros de dez metros e un penalti marrou durante o encontro o equipo de Chipi, que vía como no 27’ o seu rival aumentaba diferenzas. Jorge rompeu por fin a seca no 36’, aínda que os visitantes devolveron a moeda con outros dous tantos. De nada serviron os de Nico Cuello e Cepeda no tramo final.
Con este resultado, os filialistas baixan á 6ª praza con 24 unidades despois de 14 xornadas.
Próximo partido
Os noieses finalizarán o 2025 visitando ao ADC Lugo Sala o sábado 20 ás 13:00h na xornada 15 e última da primeira volta.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), Hugo, Nico Cuello, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Jorge (c), Mateo Varela, Brais, Iago López, Cepeda e Xavi Souto.
Deporcyl Guardo FS: Mika (p), Henrique, Felipinho, David Villa e Héctor Lana. Tamén xogaron Moi (p), Mario Robles, Leo, Alber e Diego.
Goles: 0-1 David Villa (5’), 0-2 Alber (13’), 0-3 Henrique (27’), 1-3 Jorge (36’), 1-4 Felipinho (36’), 1-5 Alber (37’), 2-5 Nico Cuello (38’), 3-5 Cepeda (38’).
Os árbitros Adrián Figueroa e Manuel Castro Fernández amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Koke (28’). Nos guardenses, amarelas a Henrique (19’), Mika (30’) e Felipinho (39’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 14 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 250 espectadores.











Comments