top of page

CRÓNICA X13 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (5CO 3–3 NPA “B”) | Sobrou un segundo

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 hours ago
  • 2 min read
Luns, 08/12/2025 · 12:22h | O tanto coruñés a falta dun segundo privou aos noieses de lograr unha vitoria de moito mérito.
Luns, 08/12/2025 · 12:22h | O tanto coruñés a falta dun segundo privou aos noieses de lograr unha vitoria de moito mérito.

Con só nove efectivos, contando dous porteiros, se presentou o Filial noiés este sábado en A Coruña. E, a pesar diso, só un segundo os separou de lograr a vitoria. Cruel desenlace para os de Chipi, que con este punto (3-3) caen da 2ª á 5ª praza da táboa.


Os coruñeses, outro equipo mozo e con ímpetu na pista, adiantáronse no minuto 5 por medio de Víctor Rodríguez. Nada que despistara a un Filial que seguiu facendo o seu partido, con moito protagonismo do xogo de cinco en ataque.


A punto de concretar a remontada


Tras intentalo varias veces, a recompensa do gol chegou xa na segunda metade. Converteuno Brais, axustizando na área un envío de Teo. Os herculinos volveron a poñerse en vantaxe no 34’, grazas ao gol de Yerai en chegada ao segundo pau. Pero o capitán Jorge, no lugar e momento precisos, tardou pouco máis de 30 segundos en facer o empate a dous, recollendo un rexeite a disparo de Hugo.


O guión continuou cos brancos dominando o coiro e arriscando co porteiro-xogador e nos minutos finais conseguirían a súa primeira diferenza a favor no choque. Brais roubou, zafouse de dous opoñentes na súa carreira cara a área rival e definiu con contundencia. Unha enorme alegría que, desafortunadamente, se esfumou a tan só un segundo do final. O ex noiés Álex López atopouse cun balón solto na área e puxo o definitivo 3-3, que deixa ao Portus Apostoli “B” con 24 unidades na 5ª posición clasificatoria.


Próximo partido


O Filial recibirá ao Deporcyl Guardo FS o vindeiro sábado 13 ás 18:30h na 14ª xornada ligueira.



Ficha técnica

5 Coruña FS: Xoel (p), Buján, Álex López, Iago Calvo e Martínez. Tamén xogaron Yerai, Mejuto, Marco, Víctor Rodríguez, Gandoy, Tojo (c), Merelas e Puertas.


Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), Hugo, Nico Cuello, Teo e Brais. Tamén xogaron Mateo Varela, Iago López e Jorge (c).


Goles: 1-0 Víctor Rodríguez (5’), 1-1 Brais (25’), 1-2 Yerai (34’), 2-2 Jorge (34’), 2-3 Brais (39’), 3-3 Álex López (40’).


Os árbitros Adrián García y Sergio López Ramudo amoestaron con tarxeta amarela nos coruñeses a Puertas (9’), Gandoy (31’), Víctor Rodríguez (32’), o adestrador Pachi (37’) e Yerai (40’). Nos noieses, amarelas a Brais (7’), Jorge (22’) e o adestrador Chipi (24’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 13 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Novo Mesoiro de A Coruña.

Comments


bottom of page