CRÓNICA X11 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (SAL 5–5 NPA “B”) | Crendo ata o final
- Departamento prensa Noia PA FS

- 4 days ago
- 3 min read

O del Filial vaise esgotando de calificativos. Do 4-0 abaixo na pista dun dos mellores equipos do campionato no 15’ ao 5-5 final. Entre medias, un exercicio de fe, talento e sacrificio dun cadro filialista que volveu a demostrar que non se rende nunca e, ademais, ata o momento obtén recompensa.
O marcador na primeira metade fala por si mesmo sobre o inicio. Os filialistas non lograban impoñer o seu xogo e o FS Salamanca era capaz de penalizar os erros ou infortunios noieses desde o minuto 1, cando os charros se adiantaron cun gol de penalti de Dani Montes. Cristian Bernal e Isma Medina, en dúas ocasións, ampliaron a vantaxe local antes do descanso.
Impensable remontada
Os brancos saíron de vestiarios con ganas de axitar o avespeiro, e vaia se o fixeron. O gardameta Koke abandonou os seus dominios, viu a oportunidade e cun disparo de lonxe bateu ao seu homólogo salmantino no 24’. Motivos para crer, aos que engadiu un máis Koeman no 32’. O á atopou a rede cun tiro exterior axustado ao pau.
No 37’, Dani Montes íase expulsado por unha falta que lle custaba a segunda amarela a el e un tiro de dez metros en contra ao seu equipo. Koeman non perdoou e reduciu a diferenza a un. As faltas castigaron tamén aos noieses, que viron como na súa sexta os locais lograban volver a poñerse dous arriba por mediación de Ballano. Adiante o porteiro-xogador, ao que Chipi xa dera entrada por momentos anteriormente, e dous minutos para crer.
Crer, loitar e nunca renderse. O que demostrara este Filial as 10 xornadas previas. O que, a pesar de todas as contrariedades, o aupara á segunda posición da táboa. E o que volveron a facer en Salamanca. O premio chegou co gol de Ballano en propia meta a falta de 1 minuto e, a base de máis insistencia, co penalti transformado por Koeman a 11 segundos do final. Un punto que sabe a gloria pola forma, o rival e a pista, que mantén ao Portus Apostoli “B” unha semana máis como segundo clasificado con 23 puntos e o orgullo de seguir honrando o escudo.
Próximo partido
Os brancos recibirán ao Grupo FORMA-T Vilalba FS o vindeiro sábado 29 ás 12:30h pola xornada 12 ligueira.
Ficha técnica
FS Salamanca: Bruno Galindo (p), Ballano, Dalmiro, Cristian Bernal e Dani Montes (c). Tamén xogaron Alonso Manzanares (p), Diego Domin, Álvaro Delgado, Sergio Moreiro, Diego Heras, Ángel Zaballos, Isma Medina e Dani Fernández.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo (c), Koeman, Nico Cuello e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Mosquera (p), Teo, Gabi, Mateo Varela e Cepeda.
Goles: 1-0 Dani Montes, de penalti (1’), 2-0 Cristian Bernal (7’), 3-0 Isma Medina (8’), 4-0 Isma Medina (15’), 4-1 Koke (24’), 4-2 Koeman (32’), 4-3 Koeman (37’), 5-3 Ballano (38’), 5-4 Ballano, en propia portería (39’), 5-5 Koeman, de penalti (40’).
Os árbitros Adrián Rodríguez Fernández e Jorge Petite Fernández, do comité castelán-leonés, amoestaron con tarjeta amarilla nos salmantinos a Dalmiro (15’ e 39’), Dani Montes (26’ e 37’), Cristian Bernal (31’ e tras finalizar o partido), Bruno Galindo (40’) e Sergio Moreiro (40’). Nos noieses, amarela ao adestrador Chipi (32’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 11 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Pavillón La Alamedilla de Salamanca.











Comments