top of page

CRÓNICA X1 TERCEIRA (NPA B 7–1 VIL B) | Demostración de intencións

O Filial non deu opción ao Vilalba “B” e logrou vencer e convencer na súa estrea na Terceira División 2023/2024.

(foto: Pichero)

Contundente triunfo do Noia Portus Apostoli FS “B” no inicio da temporada 2023/2024, goleando por 7-1 no marcador e amosando un gran despregue de xogo e solidez ante o Grupo Forma-t Vilalba FS “B”.

Con dous tantos no 5’ e no 7’ de Gandoy, que se estreaba coa branca, os noieses tentaron coller a directa cedo, pero o gol de Daniel Pardo mantivo o resultado apertado, a pesar de que o dominio e as ocasións pertencían claramente aos de David Palmas. Nunha desas, outro debutante como Álex López fixo o 3-1 co que se alcanzou o camiño a vestiarios.

Terminou de romper o encontro o Portus Apostoli “B” no ecuador do segundo acto, cos goles de Jorge, tras unha fina acción individual de Pau, e en propia meta dun rival. Outras dúas dianas por mediación de Lukas e Pau, que 24 horas antes estaban co primeiro equipo en Portugal ao igual que os gardametas Iván e Pablo, redondearon unha estrea perfecta á temporada oficial do Filial.

A vindeira semana, os nosos, que se sitúan nunha agora mesmo simbólica segunda praza da táboa, visitan ao ED Vigo 2015 FS na segunda xornada da Terceira División.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli “B”: Iván (p), Lucho, Jorge, Pau (c) e Dani Prieto. Tamén xogaron Gandoy, Álex López, Mateo, Lukas, Hugo e Brais.

Grupo Forma-t Vilalba FS “B”: Martín Vilasuso (p), Diego Amado, Daniel Pardo, Nuno Miguel (c) e Miguel Méndez. Tamén xogaron Kevin Guizán (p), Adrián Díaz, Iker Pita, Cristian Prado, Hugo Prieto, Pablo Villar e Johan Fariñas.

Goles: 1-0 Gandoy (5’), 2-0 Gandoy (7’), 2-1 Daniel Pardo (7’), 3-1 Álex López (14’), 4-1 Jorge (29’), 5-1 Cristian Prado en propia portería, 6-1 Lukas (34’), 7-1 Pau (37’).

Os colexiados Cristian Fernández Comesaña e Alejandro Godar Calvar amoestaron con cartón amarelo aos locais Lukas (8’) e Gandoy (21’) e aos visitantes Johan Fariñas (7’), Daniel Pardo (9’), Nuno Miguel (29’ e 30’), Iker Pita (30’), Diego Amado (35’) e Cristian Prado (38’).

Incidencias: partido correspondente á primeira xornada da Tercera División Fútbol Sala, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.


bottom of page