CRÓNICA 1/8 DE FINAL CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-19 DE CUBES (NPA 5–3 MCR) | Á FASE FINAL!
- Departamento prensa Noia PA FS
- Jun 2
- 2 min read
Updated: 5 days ago

Luns, 02/06/2025 · 16:30h · Imaxe: Foto Pichero | Os noieses repóñense a un adverso inicio para meterse entre os mellores oito equipos de España.
Este equipo non se cansa de facer historia. O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS estará na fase final do Campionato de España Sub-19 de Clubes, despois de superar o pasado sábado ao CD Málaga Ciudad Redonda FS na rolda de oitavos.
Como se dun partido do Primeiro Equipo se tratara, o Municipal Agustín Mourís presentou unha espectacular imaxe nas súas bancadas, tanto en número como en animación. Porén, o comezo do duelo foi negativo para os noieses. Os malagueños, 2º clasificados del Grupo 5, colocáronse dúas veces por diante nos primeiros cinco minutos de xogo. Aos tantos de Rodrigo Sánchez e Marcos Rueda respondeu entremedias o pichichi do Grupo 1, Oliver Chenel, cun cabezazo a pracer.
De menos a máis, o cadro de Daniel Ventoso foise soltando e achegándose ao empate. Chegou a 43 segundos do descanso, con Brais remachando un balón solto na área tras un envío de Miguel Romero repelido polo porteiro rival.
Decantando o partido
Espadas por todo o alto para a segunda metade, e aí o Portus Apostoli impuxo a súa localía. Aos 5’ do reinicio, Álvaro recuperou a pelota na presión e definiu con contundencia para poñer aos seus en vantaxe por primeira vez. Tan só tres minutos despois chegou o cuarto, e a cinco do final o quinto, ambos dun Oliver Chenel que asinaba o seu hat-trick e 47º gol do curso.
O CD Málaga Ciudad Redonda FS reduciu distancias co porteiro-xogador, pero foi insuficiente para alterar a fiesta dun Xuvenil DH noiés que si, continúa facendo historia, polo que e polo como, e aínda ten ganas de máis.
Próximo partido
O venres 13 de xuño, en horario e sede por confirmar, os brancos enfrontaranse ao Wanapix Alagón Multiservicio AD Sala 10, campión do Grupo 6, nos cuartos de final do Campionato de España Sub-19 de Clubes.

Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), Saúl, Álvaro, Iago López e Brais. Tamén xogaron Sito (c), Mateo Varela, Oliver Chenel, César, Koeman, Miguel Romero e Xavi Souto.
CD Málaga Ciudad Redonda FS: Héctor Fernández (p), Rodrigo Sánchez, Yussef Khadir, Gabriel Troyano e Carlos Romero (c). Tamén xogaron Álvaro Martín (p), Marco Rueda, Emilio García, Iker Jiménez, Lucas Medina, Ángel Jiménez e Francis Cobos.
Goles: 0-1 Rodrigo Sánchez (2’), 1-1 Oliver Chenel (6’), 1-2 Marco Rueda (6’), 2-2 Brais (20’), 3-2 Álvaro (25’), 4-2 Oliver Chenel (28’), 5-2 Oliver Chenel (35’), 5-3 Carlos Romero (38’)
Os árbitros Juan Haedo Gago e Alejandro Jesús López Panizo, do comité castelán-leonés, amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Mateo Varela (14’), Koeman (15’) e Saúl (34’). Nos malagueños, amarelas a Carlos Romero (37’) e Emilio García (39’).
Incidencias: partido correspondente á eliminatoria a partido único de oitavos de final da fase previa do Campionato de España Sub-19 de Clubes, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.
Comments