top of page

CRÓNICA AMISTOSO PRETEMPORADA (CAX 1–4 NPA) | Duro test superado con nota


Sábado, 14/09/2024 · 23:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses foron de menos a máis nun partido moi esixente no físico.


A preparación do Noia Portus Apostoli FS continuou con outro triunfo, neste caso na súa visita ao ADCR Caxinas Poça Barca, nun contexto de partido novidoso para os noieses, moi permisivo no contacto, ao que souberon adaptarse co discorrer dos minutos.


E é que o inicio non foi nada sinxelo para o conxunto branco. Para cando entraron definitivamente no encontro, tanto no plano físico como no do xogo, Schütt xa realizara tres paradas de mérito para manter o electrónico sen estrear.


De a poco, el ritmo del choque pasó a ser totalmente del Portus Apostoli, que en el tramo final encontró el gol que se le resistía. Tres cayeron en los últimos 6 minutos, empezando por el latigazo exterior de Diego Fávero en el 14’, siguiendo por la cabalgada finalizada de manera idónea por Altamirano en el 19’ y terminando con el 3-0 de Pirata colándose entre las piernas del portero.


Partido controlado


O Portus Apostoli puxo aínda máis o marcador a favor co 0-4, obra de Rufino a pase de Montero, pouco despois de saír de vestiarios. A intensidade, iso si, non descendeu, cos dous equipos dando o 100% ata o final.


En medio do dominio noiés, que ben puido resultar en algún gol máis, o Caxinas logrou anotar o seu gol no 35’, tras unha gran acción de estratexia rematada no segundo pau.


Vindeiro partido


Os brancos disputarán o seu seguinte compromiso amigable o xoves 19 na pista do Pescados Rubén Burela FS.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Schütt (p), Rubi, David Pazos, Pirata (c) e Garrincha. Tamén xogaron Peixe (p), Power Raggiati, Montero, Altamirano, Diego Fávero, Rufino, Álex García, Douglas e Matheus Preá.


Goles: 0-1 Diego Fávero (14’), 0-2 Altamirano (19’), 0-3 Pirata (20’), 0-4 Rufino (23’), 1-4 (35’).


Incidencias: partido amigable disputado no Pavilhão Centro Comunitário Caxinas ante uns 150 espectadores.

Comments


bottom of page