top of page

COMUNICADO OFICIAL | Sobre os feitos acontecidos ao término do partido da xornada 18 de Primeira División FS

  • 3 hours ago
  • 1 min read
Mércores, 04/03/2026 · 15:45h
Mércores, 04/03/2026 · 15:45h

O Noia Portus Apostoli FS lamenta e condena os avergoñantes feitos acontecidos tras o partido disputado na noite deste martes 3 de marzo en Peñíscola.


Comportamentos bochornosos e desprezables­, que chocan frontalmente cos valores que defende con orgullo o noso Club e o noso deporte, ademais de desprestixiar a considerada mellor Liga do mundo, a Primeira División FS. Estas escenas responden a un clima de hostilidade, ameazas e violencia física e verbal inaceptables, en ningún momento iniciado nin provocado por ningún membro do noso equipo, que só actuaron en defensa da súa integridade ante rivais e, incluso, persoas que asistían ao partido desde a grada.


Produto desas deleznables agresións, que casualmente se producen no primeiro partido que o noso equipo logra gañarlle a este rival, tres dos nosos xogadores terminaron con contusións, tal e como revelan os partes médicos das exploracións realizadas nun centro de saúde próximo ao pavillón.


Agradecemos a rápida actuación, atención e predisposición dos corpos e forzas de seguridade do Estado, que á saída da instalación deportiva escoltaron á nosa expedición en pos de preservar a súa seguridad.


A Xunta Directiva do Club chegará ata o final e exercerá todas as accións legais pertinentes na máxima e total defensa dos seus xogadores e corpo técnico.


Por último, o Club expresa a súa total colaboración coas autoridades competentes e reitera o seu compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia no fútbol sala e coa promoción dos valores que deben inspirar a este deporte.

Comments


bottom of page