top of page

COMUNICADO OFICIAL | Aprazamento do partido da xornada 18 de Primeira División FS

  • 10 hours ago
  • 1 min read
Sábado, 14/02/2026 · 14:11h
Sábado, 14/02/2026 · 14:11h

O duelo que ía enfrontar ao noso Primeiro Equipo co Servigroup Peñíscola FS este sábado 14 ás 18:00h no Pavillón Juan Vizcarro de Peñíscola, correspondente á xornada 18 da Primeira División FS, vén de ser aprazado polo Xuíz de Competición, nunha decisión motivada polo peche da instalación deportiva por parte da autoridade municipal peñiscolana a consecuencia da situación de alerta por vento activada polo Centro de Coordinación de Emerxencias da Generalitat Valenciana.


A nova data de disputa do partido será fixada polo propio Xuíz de Competición nun prazo de dous días hábiles, previa audiencia a ambos Clubes, que poderán propoñer de mutuo acordo unha nova data de celebración durante ese período.

Comments


bottom of page