top of page

Clínica Juanatey dota de protectores bucais personalizados aos xogadores noieses

O centro de especialidades odontolóxicas, patrocinador do club, coida de esta manera por preservar o benestar dental do primeiro plantel do Noia Portus Apostoli FS.
(foto: Manuel Lorenzo)

Nun deporte de continuo contacto como o fútbol sala, o Noia Portus Apostoli FS fai por extremar o coidado dos seus xogadores para evitar calquera tipo de lesión, da mesma forma que Clínica Juanatey, que, como patrocinador do club, aporta o seu gran de area nesta cuestión coa proporción de protectores bucais personalizados a todo o primeiro plantel branco.



Calquera contacto indesexado cun rival ou unha mala caída poden provocar lesións de tipo mandibular ou dental, que, ademais de ser unha molestia no día a día, supoñen unha baixa competitiva que lastraría ao equipo. A mellor opción de minimizar ese risco pasa por utilizar este protector bucal individualizado de Clínica Juanatey, axustado ás características de cada dentadura mediante a execución dun escáner ao que se someteron todos os xogadores noieses para a realización do protector.


Desde o Noia Portus Apostoli FS queremos dar as grazas a Clínica Juanatey por amosar o seu compromiso e implicación co club, máis aló da aportación efectuada desde os últimos anos como un dos patrocinadores máis lonxevos da entidade.



bottom of page