top of page

#CarácterNoiés | Campaña de abonados temporada 2024/2025




O Noia Portus Apostoli FS estará presente por terceira temporada consecutiva entre os mellores equipos do fútbol sala nacional! Co obxectivo de continuar asentándose nunha cada vez máis competitiva e igualada Primeira División, os noieses apelan a seguir sacando toda a calidade, ambición, ilusión e o seu tan especial carácter a relucir, da man dunha afección do Agustín Mourís á que chaman para seguir máis xuntos que nunca!


O período de renovacións de abono estará aberto entre o luns 10 de xuño e o domingo 30 de xuño. O procedemento poderá levarse a cabo tanto no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7, Noia) como na plataforma online noiafs.compralaentrada.com. No caso dos novos abonados, poderán recorrer a esas mesmas fórmulas a partir do 1 de xullo.


Tal e como se aprobou na última Asemblea Xeral Ordinaria, os carnets de abonado son nominativos, persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo aos partidos a persoa á que está asignada o carnet.


Retirada do carnet en formato físico e dixital

Coa intención de reducir a utilización de plásticos e contribuír a preservar o noso medio ambiente, desde o Club ponse a disposición dos abonados a posibilidade de posuír o carnet de abonado tan só en formato dixital, xa sexa en PassBook, PassWallet ou PDF. Así mesmo, os abonados que desexen ter o seu carnet en formato físico, poderán solicitalo no Local Social. No caso tanto da retirada do carnet dixital como do físico, o abonado/a asumirá o custo de 1€ por carnet de gastos de xestión e emisión.


Horario do Local Social

O Local Social do Club estará aberto para os trámites de realización de carnet de abonados en horario de 11:30h a 13:00h e de 19:30h a 21:00h no mes de xuño.


Información sobre os abonos

RENOVACIÓNS (do 10 ao 30 de xuño)


ABONO SENTIMENTO: 195€ (INCLÚE todos os partidos de Liga, Copa do Rei, Copa Galicia, Días do Club e tamén os partidos do Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE o VII Trofeo Portus Apostoli, no que terán que abonar un prezo reducido)


ABONO XERAL: 165€ (Maiores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga a excepción dos declarados Día do Club. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia, VII Trofeo Portus Apostoli e os do Filial de Segunda División “B”)


ABONO MOZO: 120€ (Menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga a excepción dos declarados Día do Club e os do Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia e VII Trofeo Portus Apostoli)


ABONO FAMILIAR: 350€ (SÓ SE PODE REALIZAR NO LOCAL SOCIAL. Matrimonio + 2 fillos menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga a excepción dos declarados Día do Club. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia, VII Trofeo Portus Apostoli e os do Filial de Segunda División “B”)


ABONO SIMPATIZANTE: 50€ (Soamente aplica para os partidos do Filial de Segunda División “B”)”)


NOVOS ABONADOS (a partir do 1 de xullo)


ABONO SENTIMENTO: 215€ (INCLÚE todos os partidos de Liga, Copa do Rei, Copa Galicia, Días do Club e tamén os partidos do Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE o VII Trofeo Portus Apostoli, no que terán que abonar un prezo reducido)


ABONO XERAL: 175€ (Maiores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga a excepción dos declarados Día do Club. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia, VII Trofeo Portus Apostoli e os do Filial de Segunda División “B”)


ABONO MOZO: 130€ (Menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga a excepción dos declarados Día do Club e os do Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia e VII Trofeo Portus Apostoli)


ABONO FAMILIAR: 390€ (SÓ SE PODE REALIZAR NO LOCAL SOCIAL. Matrimonio + 2 fillos menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga a excepción dos declarados Día do Club. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia, VII Trofeo Portus Apostoli e os do Filial de Segunda División “B”)


ABONO SIMPATIZANTE: 50€ (Soamente aplica para os partidos do Filial de Segunda División “B”)

Comments


bottom of page