top of page

O Noia Portus Apostoli FS habilita unha canle de difusión en WhatsApp para todos os seus seguidores

Nel poderán recibir ao instante en WhatsApp as últimas novidades do Club.


O Noia Portus Apostoli FS estrea canle de difusión en WhatsApp de cara a esta temporada 2024/2025, unha nova ferramenta de comunicación que lle permitirá estar máis preto da súa xente.



Todos os afeccionados e seguidores que se unan á canle poderán dispoñer de primeira man no seu WhatsApp das últimas novidades, novas e, en resumo, o principal contido que o Club emite na súa páxina web e/ou en redes sociais.


Como me uno á canle?

Ao presionar no “únete á canle” indicado arriba, entrarás directamente na canle de difusión no teu WhatsApp. Para recibir as notificacións cada vez que se emita unha mensaxe, terás que pulsar en “seguir”, na esquina superior dereita. Despois de realizar estes pasos, atoparás a canle de difusión do Noia Portus Apostoli FS na pestana “novidades”, situada na parte inferior da pantalla.


Podo escribir algunha mensaxe?

Non. A canle de difusión de WhatsApp é un método de comunicación unidireccional, é dicir, só o Club poderá emitir mensaxes na canle, aos que os seguidores poderán reaccionar con emojis.


Comments


bottom of page