top of page

Un decembro cargado de partidos… e ilusións

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Dec 1
  • 2 min read
Luns, 01/12/2025 · 13:44h · Imaxe: Foto Pichero | Estrea en Copa Galicia FS, máis Copa do Rei FS e desenlace da primeira volta ligueira por diante no último mes do ano.
Luns, 01/12/2025 · 13:44h · Imaxe: Foto Pichero | Estrea en Copa Galicia FS, máis Copa do Rei FS e desenlace da primeira volta ligueira por diante no último mes do ano.

Decembre preséntase para o Noia Portus Apostoli FS con 5 partidos, 3 competicións, 2 semanas de dobre cita e moito en xogo con potencial para marcar o resto da temporada.


O primeiro compromiso chega xa. Os brancos estréanse na Copa Galicia FS na pista do O Esteo FS este martes 2 ás 20:30h, buscando o pase a semifinais dun torneo que queren conquistar por quinto curso seguido. O sábado 6 ás 16:30h agarda unha das citas máis desexadas por todo afeccionado. O Barça visita o Agustín Mourís pola xornada 13 de Liga, cos noieses a pleno de moral e coa ambición de dar a sorpresa ante un todopoderoso.


Dous duelos de altura na casa e tres saídas | Imaxe: Foto Pichero
Dous duelos de altura na casa e tres saídas | Imaxe: Foto Pichero

A vindeira semana tamén esixirá dobre esforzo e, ademais, ambos fóra da casa. Con data por confirmar entre o martes 9 ou o mércores 10, os de David Palmas visitarán ao Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS nos oitavos de final da Copa do Rei FS, e a continuación, o sábado 13 ás 18:00h desprázanse á cancha do Family Cash Alzira FS, actual pechacancelas, na 14ª data da Primeira División FS.


Tras unha fin de semana de descanso e coas festividades de Nadal comezadas, o sábado 27 ás 18:30h chega o primeiro derbi galego oficial. O conxunto noiés pechará 2025 recibindo ao O Parrulo Ferrol FS, nun partido que valerá máis de tres puntos e, quién sabe, si también algún regalo de Nochebuena atrasado.

Comments


bottom of page