Abril decide a Copa Galicia FS e boa parte do PlayOff
- 5 hours ago
- 2 min read

A temporada entra no seu apartado decisivo e final con abril. Nos vindeiros 30 días, o Noia Portus Apostoli FS xogarase erguer un título e moitas das opcións de introducirse no PlayOff da Primeira División FS.
E o mes empeza forte. Este mércores santo 1 de abril ás 20:30h, gran final da XXXIV Copa Galicia FS en Pontevedra fronte ao O Parrulo Ferrol FS. Os noieses queren ser o primeiro equipo na historia en reclamar o trono autonómico por quinta campaña consecutiva, na que será o seu sexta aparición seguida nunha final.
Sen apenas respiro, o sábado 4 ás 16:30h afrontará o reto de intentar dobregar a todo un Barça no Palau Blaugrana pola 24ª xornada ligueira. A continuación, unha semana de parón por compromisos de seleccións, tras a que o Portus Apostoli efectuará o seu regreso ao Mourís máis dun mes despois. Este producirase o sábado 18 ás 16:30h na xornada 25, recibindo a un Family Cash Alzira FS que apura as súas posibilidades de permanencia.
O duelo ante os alzireños será o primeiro de cuatro en apenas 11 días, xa que no horizonte esperarán dous duelos entre semana. O martes 21 ás 21:00h, chega á Vila o tricampión europeo Illes Balears Palma Futsal, no adiantado da xornada 29. Segue a visita a Córdoba, onde os de David Palmas disputarán o sábado 25 ás 13:00h o partidazo da xornada 26 ante as cámaras de Teledeporte. Para pechar o mes, de novo a un martes, o 28 ás 20:00h, cando os noieses se verán as caras no seu feudo co Quesos El Hidalgo Manzanares FS en partido da 27ª data ligueira.
6 partidos en total que moldean un mes de abril cheo de ilusións e soños para un Noia Portus Apostoli FS que, en base ao seu gran traballo durante toda a temporada, gañouse chegar a este momento con cousas bonitas ás que aspirar.





Comments