top of page

Debut na casa o 17 de setembro | O Filial xa coñece o seu calendario ligueiro 23/24!

Os adestrados por David Palmas, que comezarán a pretemporada en dúas semanas, estrearanse o 17 de setembro como locais contra o Grupo Forma-t Vilalba FS “B”.


A cuarta temporada consecutiva do Noia Portus Apostoli FS “B” xa ten folla de ruta completa, despois de dar a coñecer hai uns días a Real Federación Galega de Fútbol o calendario das 30 xornadas que compoñerán o grupo galego da Terceira División 2023/2024.

A Liga dará comezo a fin de semana do 17 de setembro, data na que os brancos recibirán a visita ao Agustín Mourís do Grupo Forma-t Vilalba FS “B”, que vén de lograr o ascenso, no que será o debut á campaña oficial. Sete días máis tarde, o cadro filialista efectuará o seu primeiro desprazamento para enfrontarse ao ED Vigo 2015 FS.

No que ao tramo decisivo do campionato se refire, os noieses xogarán o seu derradeiro encontro como local o 5 de maio contra o Cidade de Narón FS, unha semana antes de rematar a fase regular ligueira na cancha do Distrito Ventorrillo FS.

O luns 21 de agosto inicia a pretemporada do Portus Apostoli B

En dúas semanas comezará a traballar o filial noiés coas primeiras sesións de adestramento, a pouco menos dun mes vista do debut ligueiro antes mencionado. De novo, a xuventude será a seña de identidade principal dun Noia Portus Apostoli B que continúa perfilando o seu plantel de cara a tentar mellorar o oitavo posto colleitado a temporada pasada.

Opmerkingen


bottom of page