top of page

#BrancaDevoción | Campaña de abonados temporada 2025/2026

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 3 days ago
  • 3 min read

Updated: 2 days ago

Luns, 09/06/2025 · 10:45h | Aberta a renovación de abonos para o vindeiro curso a partir deste luns 9.


Os berros que dicían “de Primeira non se vai” volvieron a resoar un ano máis, e por cuarta temporada consecutiva o Noia Portus Apostoli FS estará na elite, entre os mellores equipos da mellor Liga do mundo. Todo iso grazas ao gran esforzo de Club, equipo e unha afección que demostran día tras día e partido tras partido unha #BrancaDevoción que nesta 2025/2026 quere ir a máis.


Ata o 30 de xuño dispoñible a renovación de abonos

Os abonados da pasada temporada poderán efectuar a renovación ata o luns 30 de xuño. O martes 1 e o mércores 2 de xullo serán os dous días habilitados para os posibles cambios de asento, que só se poderán realizar no Local Social. Importante destacar que é imprescindible renovar o abono antes de solicitar a variación de localidade, así como que se o asento que o abonado/a desexe xa está libre, o cambio poderase concretar no proceso de renovación. Os novos abonados, pola súa parte, poderán tramitar a súa alta a partir do xoves 3 de xullo ou desde xa mesmo en caso de querer abonarse nun asento xa libre.


Os procedementos de renovación e novo abono poderán levarse a cabo tanto no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia), de luns a venres en horario de 11:00h a 13:00h e 19:00h a 21:00h, como na plataforma online noiafs.compralaentrada.com.


Tal e como se aprobou na última Asemblea Xeral Ordinaria, os carnets de abonado son nominativos, persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo aos partidos a persoa á que está asignada o carnet, coa única excepción do carnet de empresa (consultar condicións no Local Social).


Retirada do carnet en formato físico e dixital

Coa intención de reducir a utilización de plásticos e contribuír a preservar o noso medio ambiente, desde o Club ponse a disposición dos abonados a posibilidade de posuír o carnet de abonado tan só en formato dixital, xa sexa en PassBook, PassWallet ou PDF. Así mesmo, os abonados que desexen ter o seu carnet en formato físico poderán solicitalo no Local Social.


Información sobre os abonos

RENOVACIÓNS (do 9 ao 30 de xuño)


ABONO SENTIMENTO: 205€ (INCLÚE todos os partidos de Liga, Copa do Rei, Copa Galicia, Días do Club, o VIII Trofeo Portus Apostoli e tamén os partidos do Filial de Segunda División “B”)


ABONO XERAL: 180€ (Maiores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia, VIII Trofeo Portus Apostoli e os do Filial de Segunda División “B”)


ABONO MOZO: 130€ (Menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club, e os do Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia e VIII Trofeo Portus Apostoli)


ABONO FAMILIAR: 390€ (SÓ SE PODE REALIZAR NO LOCAL SOCIAL. Matrimonio + 2 fillos menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia, VIII Trofeo Portus Apostoli e os do Filial de Segunda División “B”)


ABONO FILIAL: 50€ (Soamente aplica para os partidos do Filial de Segunda División “B”)



NOVOS ABONADOS (a partir do 3 de xullo*)


ABONO SENTIMENTO: 225€ (INCLÚE todos os partidos de Liga, Copa do Rei, Copa Galicia, Días do Club, o VIII Trofeo Portus Apostoli e tamén os partidos do Filial de Segunda División “B”)


ABONO XERAL: 190€ (Maiores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia, VIII Trofeo Portus Apostoli e os do Filial de Segunda División “B”)


ABONO MOZO: 140€ (Menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club, e os do Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rey, Copa Galicia e VIII Trofeo Portus Apostoli)


ABONO FAMILIAR: 430€ (SÓ SE PODE REALIZAR NO LOCAL SOCIAL. Matrimonio + 2 fillos menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. NON INCLÚE os partidos de Copa do Rei, Copa Galicia, VIII Trofeo Portus Apostoli e os do Filial de Segunda División “B”)


ABONO FILIAL: 60€ (Soamente aplica para os partidos do Filial de Segunda División “B”)


*Poden abonarse desde xa en asentos que estean libres.



Comentários


bottom of page