top of page

A pretemporada queda atrás

  • 24 minutes ago
  • 1 min read
Martes, 08/09/2026 · 12:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses completaron as súas cinco semanas de preparación e fan balance de cara ao inicio ligueiro.
Martes, 08/09/2026 · 12:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses completaron as súas cinco semanas de preparación e fan balance de cara ao inicio ligueiro.

A pretemporada 2026/2027 xa é historia para o Noia Portus Apostoli FS. O equipo de David Palmas concluiu as súas cinco semanas de pretemporada o pasado venres en Ferrol e xa se centra soa e exclusivamente na Liga Prime Futsal.


Durante ese período de pouco máis dun mes, os noieses adestraron tres días en dobre sesión e dous en única por semana, buscando alcanzar tanto o tono físico adecuado como a creación de sinerxias e adecuación dos xogadores dentro do sistema. En canto a amistosos, foron un total de cinco, con tres vitorias e dúas derrotas, nos que se anotaron 18 goles a favor e encaixado 17 en contra. O máximo goleador branco foi o capitán David Pazos, con 5 dianas.


A valoración do míster 


Ao término do encontro en Ferrol, David Palmas deu o seu parecer sobre o camiño percorrido polo seu equipo nesta pretemporada. Aínda que “houbo resultados que non nos gustaron, sobre todo o partido de Illes Balears Palma Futsal polas sensacións”, o técnico admite que “en xeral estamos contentos. O grupo está collendo moitos automatismos, estase achegando ao que nós queremos e están aportando todos”.


Uns ingredientes cos que o adestrador afirma que “chegamos en boas condicións para afrontar la Liga”, pero recoñecendo que “unha cousa son os test e outra a competición, hai que dar un pasiño extra, sobre todo co inicio tan duro que temos”.



Comments


bottom of page