Martes, 19/11/2024 · 14:55h | Os tres xogadores noieses entran na lista de 14 que buscarán a clasificación á Fase Final.
A Selección Galega Sub-19 afrontará do 20 ao 24 de novembro no Municipal de Vista Alegre de Burela a Fase Previa do Campionato de España con tres xogadores do Noia Portus Apostoli FS. Álvaro, Koke e Iago López foron chamados polo seleccionador Óscar Vigo entre a convocatoria de 14 que intentará selar o avance á loita polo título nacional.
O combinado galego enfrontarase ao largo dos cinco días de competición contra as seleccións de Castela e León, Castela-A Mancha, Navarra e Cataluña. Os dous equipos mellor clasificados do grupo clasificaranse á Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Horarios dos partidos
·Galicia vs Castela e León | Mércores 20 | 12:45h
·Castela-A Mancha vs Galicia | Xoves 21 | 12:45h
·Navarra vs Galicia | Venres 22 | 12:45h
·Cataluña vs Galicia | Domingo 24 | 12:45h
Convocatorias noiesas tamén en Infantil e Alevín
Na categoría Infantil, Ruy Caamaño e Massamba Diop participaron este pasado luns nun adestramento coa Selección de Santiago, mentres que en Alevín serán Tiago Rodríguez e Adrián Mayo os que figuren o venres 22 nunha nova sesión. Ambas convocatorias encádranse no proceso de pre-selección de cara ao Campionato Galego de Seleccións Territoriais.
Comments