XVII Campus de Verán Noia Portus Apostoli FS | A gran cita estival, do 4 ao 8 de agosto!
- Departamento prensa Noia PA FS
- 4 days ago
- 1 min read

Martes, 24/06/2025 · 18:45h | Os nenos/as nados entre 2009 e 2021 interesados en gozar do Campus xa poden inscribirse vía online ata o xoves 24 ou no Local Social do Club ata o domingo 27 de xullo.
A 17ª edición do Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS está á volta da esquina! Os rapaces/as nados entre 2009 e 2021 xa poden anotar nas súas axendas a semana do luns 4 ao venres 8 de agosto, datas entre as que se sucederá a cita estival por excelencia do Club.
Unha semana, en horario de 10:00h a 13:30h, para aprender sobre fútbol sala, os valores positivos que transmite o deporte, o compañeirismo, os bos hábitos alimenticios coa nosa merenda saludable e, como non, para gozar!
Inscrición e cota
A inscrición levarase a cabo no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) ata o xoves 24 e por vía online ata o domingo 27 de xullo, ambos incluídos.
As cotas de inscripción serán as seguintes:
·Xeral: 65€
·Xogador Escola Noiesa 24/25: 55€
Para o segundo irmán, aplicarase un desconto do 30%. No caso dun terceiro irmán, o desconto será do 50%.
A cota inclúe a equipación oficial do XVII Campus de Verán, consistente nunha camiseta e un pantalón.
Comments