Conclúe outra exitosa celebración do Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS
- Departamento prensa Noia PA FS
- Aug 19, 2023
- 1 min read
A XV edición da cita estival da entidade noiesa pechouse este venres coa entrega de diplomas aos rapaces/as participantes.

O Agustín Mourís acolleu a clausura do XV Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS, a cita estival por excelencia do club que chegou este ano ao cuarto de vida amosando unha gran saúde.
Ata 68 nenos e nenas puideron gozar de cinco días repletos de aprendizaxe e divertimento arredor do fútbol sala e dos valores que o deporte transmite, redondeadas coas visitas de Tomás de Dios, adestrador do primeiro equipo, e os xogadores Nico Sarmiento, Altamirano, Pirata, Douglas e Pola. Ademais, tamén levaron unha lección de bos hábitos alimenticios a través das merendas saudables das que dispuxeron cada xornada.
A entrega de diplomas de participantes, coa presenza do concelleiro de Educación do Concello de Noia, Iván Lorenzo, serviu como colofón final a unha nova celebración do Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS, que xa se empraza ata dentro dun ano para a XVI edición!
Comentarios