top of page

VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – Wanapix Sala 10 (1/8 de final Copa do Rei FS, mar. 07/01, 20:45h)


Luns, 30/12/2024 · 17:00h · Imaxe: Foto Pichero


Aberta a venda de entradas para o partido que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Wanapix Sala 10 o vindeiro martes 7 de xaneiro ás 20:45h no Municipal Agustín Mourís, pertencente á eliminatoria a partido único dos oitavos de final da Copa do Rei FS.


Todos os abonados XERAL, MOZO, FAMILIAR e ACOMPAÑANTE FAMILIAR terán de prazo ata o venres 3 ás 12:30h para mercar a ENTRADA DO SEU ASENTO.


TODOS OS ASENTOS NON MERCADOS POR ESES ABONADOS Á FINALIZACIÓN DESTE PRAZO QUEDARÁN LIBERADOS. A PARTIR DESE MOMENTO, TODO ABONADO QUE QUEIRA MERCAR UNHA ENTRADA PODERÁ FACELO, PERO, POSIBLEMENTE NUN ASENTO DISTINTO AO SEU.


PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS – ABONADOS

SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado, xa sexa físico ou dixital, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


XERAL, FAMILIAR e ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 10€. *Acompañante familiar maior de 16 anos.


MOZO e ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 3€. *Acompañante familiar menor de 16 anos.


PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS – NON ABONADOS

XERAL (maior de 16 anos): 15€.


MOZO (menor de 16 anos): 8€.


COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?


Á venda na plataforma online do Club, noiafs.compralaentrada.com/eventos.


Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7), os luns en horario de 18:00h a 19:00h e de martes a venres de 12:00h a 13:00h. Festivos pechado.


·Posibilidade de liberación de asento


O abonado/a Sentimento que non vaia a asistir ao encontro poderá liberar o seu asento levando a cabo calquera dos seguintes mecanismos:


·Na web noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”.


·Un correo electrónico a administracion@noiafutbolsala.com, especificando nome, apelidos, número de abonado/a e asento.


·Enviando un WhatsApp ao número 669 72 95 75, especificando nome, apelidos, número de abonado/a e asiento.


·No Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7).

Comentários


bottom of page