VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – ElPozo Murcia Costa Cálida FS (X1 Liga Prime Futsal – Torneo Apertura; sáb. 12/09, 20:30h)
- 11 hours ago
- 1 min read

Xa están á venda as entradas para o partido correspondente á xornada 1 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co ElPozo Murcia Costa Cálida FS o vindeiro sábado 12 de setembro ás 20:30h no Municipal Agustín Mourís.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura.
NON ABONADOS
·XERAL (+16 anos): 20€
·MOZO (-16 anos): 10€
Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·Dispoñibles na plataforma noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os luns, mércores e venres en horario de 12:00h a 13:00h.
·Por último, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio.





Comments