VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS - ElPozo Murcia Costa Cálida FS (X3 Primeira División FS, sáb. 26/10, 18:00h)
- Departamento prensa Noia PA FS
- Oct 21, 2024
- 1 min read

Luns, 21/10/2024 · 18:00h · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero
Xa están á venda as entradas para o partido da xornada 3 do campionato de Liga de Primeira División Fútbol Sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co ElPozo Murcia Costa Cálida FS o vindeiro sábado 21 de outubro ás 18:00h no Municipal Agustín Mourís.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
NON ABONADOS
XERAL (+16 ANOS): 20€
MOZO (-16 ANOS): 10€
Nenos/as da Escola Deportiva do Club que non sexan abonados/as: 5€ de desconto
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·As entradas están á venda na plataforma online do Club noiafs.compralaentrada.com/eventos/.
·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7), de luns a venres, en horario de 12:00h a 13:00h.
·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.
Comments