Tiago Rodríguez, coa Selección Galega Sub-12
- 2 minutes ago
- 1 min read

Tiago Rodríguez, xogador da Escola Deportiva noiesa na súa categoría Alevín, formou parte este pasado martes do adestramento da Selección Galega Sub-12, en plena fase de preparación e selección de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
O noiés foi un dos seleccionados a participar nesa sesión realizada o pasado martes no Polideportivo do Cruceiro de Santa María, en Arzúa.
Agardamos que gozaras desa experiencia e oxalá veñan moitas máis, Tiago!





Comments