Thierry cumprirá a súa terceira temporada no Noia Portus Apostoli FS
- 1 day ago
- 1 min read

A relación entre Thierry Henrique Petreça (Lages, Santa Catarina, Brasil. 01/10/2004) e o Noia Portus Apostoli FS alargarase durante unha terceira campaña. O á de 21 anos continuará no Agustín Mourís, despois do acordo alcanzado co Illes Balears Palma Futsal para ampliar a súa cesión.
Thierry aterrou en Noia no mercado invernal da temporada 24/25, e inmediatamente converteuse en fundamental para David Palmas nun tramo final no que se logrou a cuarta Copa Galicia FS e a épica permanencia con desenlace en Torrejón. Máis do mesmo na pasada 25/26, na que, xa desde setembro, figurou en todos os partidos da gran actuación do equipo. En total, o brasileiro acumula 57 encontros disputados coa branca, nos que anotou 16 dianas (10 delas na Liga este último curso) e 17 asistencias.

A súa constante competitividade e intensidade, ademais do desequilibrio e calidade co balón nos pés, seguirán estando ao servizo dunha afección noiesa que agarda seguir deleitándose coas súas actuacións.





Comments