O Esteo FS ou SD Xove FS, un será o rival en cuartos da XXXIV Copa Galicia FS
- Departamento prensa Noia PA FS

- Oct 29
- 1 min read

O Noia Portus Apostoli FS enfrontarase nos cuartos de final da XXXIV Copa Galicia FS ao gañador da eliminatoria entre O Esteo FS e SD Xove FS, única por dilucidar da fase previa 3, o martes 2 ou o mércores 3 de decembro.
Así se determinou no sorteo realizado na mañá do martes por parte da Real Federación Galega de Fútbol, que tamén puxo forma ao cadro. En caso de clasificación a semifinais, os noieses veríanse as caras co vencedor do duelo entre Grupo FORMA-T Vilalba FS e CD Burela FS.

A quinta Copa Galicia FS, nas miras
O conxunto de David Palmas, que persegue un histórico quinto título autonómico consecutivo, xogará como visitante en cuartos de final, xa sexa en As Pontes ou en Xove. De avanzar esa ronda, faría o propio o 13 de xaneiro en semifinais pola súa condición de equipo de superior categoría. A final está fixada para o 2 de abril, con sede por confirmar. Todas as eliminatorias dispútanse a partido único.











Comments