Ricardinho, presente no Noia Portus Apostoli FS – Viña Albali Valdepeñas da Copa do Rei FS
- 5 hours ago
- 1 min read

Era a Copa do Rei FS e tiña que estar o Rei. Ou ‘O Mago’, como vostedes prefiran. Ricardinho asistiu ao Municipal Agustín Mourís para vivir in situ o partidazo da rolda de cuartos de final entre o Noia Portus Apostoli FS e Viña Albali Valdepeñas.
A presenza do nomeado 6 veces mellor xogador do mundo, ademais doutros moitos logros colectivos, ergueu unha enorme expectación entre os asistentes ao encontro, que mantiveron a un amable e predisposto Ricardinho ante móbiles e cámaras durante varios minutos.

No palco de autoridades, xunto ao seu amigo e patrocinador noiés ‘Champimuros’, puido gozar dun gran espectáculo de fútbol sala, tras o que destacou o marabilloso ambiente do Mourís, un pavillón no que nunca chegou a xogar, pero no que, como tamén afirmou, lle gustaría telo feito na noite copeira de mércores.
Ao término do encontro, recibiu de mans de Severino Barreiro, presidente do Noia Portus Apostoli FS, unha camiseta a modo de obsequio e recordo da súa visita ao partido e a Noia, onde sempre terá as portas abertas para volver a gozar do deporte ao que tantas alegrías deu.












Comments