RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi o cambio de mes!
- 1 hour ago
- 2 min read

Luns, 02/03/2026 · 18:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS pasou de mes na xornada desta fin de semana cos seguintes resultados!
A Estrada Futsal 3-6 XUVENIL
X6 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | SÁB. 28/02 | 12:00h
O Xuvenil de Julio Moreno superou ao A Estrada Futsal por 3-6 para lograr un importante triunfo nesta segunda fase ligueira, grazas aos goles de Carlos Suárez, Izan Piñeiro, Adrián Yáñez, Mateo Castro, Bruno Regos e Gabriel Cutrin. Na táboa, álzanse ao primeiro posto con 10 puntos.
CADETE 2-3 5 Coruña FS
X22 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 01/03 | 18:30h
O Cadete de Pablo Cardoso non puido sumar nun igualado choque fronte ao 5 Coruña FS da 22ª xornada de Preferente Futgal FS, que se resolveu por 2-3, cos goles noieses chegando das botas de Bruno Regos. Na clasificación, 13º lugar con 9 unidades.
INFANTIL 0-5 5 Coruña FS
X22 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 28/02 | 18:40h
O Infantil de Iván Fernández caeu contra o 5 Coruña FS, en choque da 22ª xornada de Preferente Futgal FS. Tras este resultado, os nosos son 10º con 16 puntos.

ALEVÍN 16-0 A Estrada Futsal
X14 Primeira Futgal FS | DOM. 01/03 | 16:15h
O Alevín gañou ao A Estrada Futsal na xornada 14 de Primeira Futgal FS cos goles de Luca Santiago x3, Jorge Abeijón, Álvaro Couto, Brais Abeijón x2, Eduardo Barreiro x2, Emma Túñez x2, Teo Louro x2, Tiago Rodríguez x2 e Anxo Priegue. Con este triunfo, os brancos sitúanse 6º con 24 puntos.
Jogafan Ordes FS "B" 6-0 BENX. "A"
X2 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 2ª Div. | SÁB. 28/02 | 12:00h
O Benxamín "A" cedeu por 6-0 na pista do Jogafan Ordes FS "B", na xornada 2 da Liga Regular de 2ª División de Primeira Futgal FS. Tras este partido, os nosos son 5º sen puntos.
BENX. "B" 3-4 Victoria FC
X2 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 01/03 | 19:00h
O Benxamín "B" perdeu pola mínima contra o Victoria FC, nun axustado duelo da xornada 2 da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS. Os tantos noieses foron de Antón Vieites e Simón Rodríguez x2. Na táboa, ocupan a 3ª posición con 3 puntos.
PREBENX. 0-3 Club Melide FS
X14 Primeira Futgal FS | DOM. 01/03 | 17:15h
O Prebenxamín perdeu por 0-3 ante o Club Melide FS na xornada 14 de Primeira Futgal FS. Os nosos son 4º con 19 puntos tras esta xornada.





Comments